O vindeiro día 30 de xaneiro, como todos os anos , celebraremos no colexio o día da paz.
Nas aulas levaranse a cabo actividades relativas ao tema . Por outra banda , o equipo da biblioteca , organizou unha escolma , recitados e creación de poemas sobre a paz , xa que a poesía está a presidir a biblioteca nos vindeiros meses .
Como remate ao final do día xuntarémonos todo o colexio para cantar a "Cantarela dos nenos " dun poema de Neira Vilas .