Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

Entroido 2018

Este ano para a festa do entroido seguimos a traballar a temática das nosas portas. Cada clase traballou o pintor da súa porta e prepararon coplas  referentes o seu autor. Aquí queda algunha foto

Entroido 2017

O entroido 2017 estivo adicado ao tempo

Festival Nadal 2015

Actividades do mes de xaneiro

Día 20 -Saída dos alumnos de 2º de EP ao CGAI para ver a película " El chico " de Charles Chaplin

Festival de Nadal 2015

Saídas do mes de decembro

Día 9 - Cine no Cgai para  alumnos de E.I. de 5 anos 

           

 

  Tonari no Totoro / MI VECINO TOTORO 
(Xapón, 1988)
Dirección e guión: Hayao Miyazaki. Producción: Ghibli. Fotografía: Hisao Shirai. Dur.: 86'.
Mei e Satsuki son dúas irmás que se mudan co pai a viviren a unha cabana no
campo. Un día, por casualidade, a máis nova descobre a existencia dos totoros:
espíritos gardiáns do bosque que soamente os nenos de corazón puro son capaces de
ver. Xunto a estas entrañables criaturas e o gatobús, Mei e mais a irmá descubrirán o
verdadeiro valor da amizade, do amor e da familia nunha marabillosa e inesquecible
aventura que as levará alén da súa imaxinación. Terceira película de Hayao Miyazaki realizada no estudio Ghibli que se estreou en 1988 en Xapón e axiña se converteu nun auténtico fenómeno cultural. Considerada pola crítica como obra mestra é frecuente atopala encabezando as listaxes das mellores películas de animación. En Mi vecino Totoro podemos atopar xa varios dos temas sobre os que Miyazaki volverá unha e outra vez en películas posteriores xa programadas nesta sección: o valor da infancia e da inocencia e a importancia da harmonía coa natureza, sempre baixo o prisma da imaxinación e a fantasía.
Distribuir contido


by Dr. Radut