Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

"Festa xa, festa xa!"

Podedes ir practicando con estes vídeos a canción do entroido deste curso; canción con letra de Tsehay e Luis (alumnado de 6º de primaria) e melodía de Carnaval, Carnaval de Georgie Dann.

Festival Nadal 2019

O pasado venres 20 de decembro tivo lugar no noso colexio o Festival de Nadal. Levouse a cabo en dous pases; o primeiro dirixido ao alumnado de infantil e 1º de primaria e o segundo pase dirixido ao resto de cursos de primaria.

Tivemos de todo: teatro, recitados, música e unha sorpresa final para rematar o segundo pase. Parabéns a todos!

1º Pase

2º Pase

25 de novembro

A continuación podedes ver a selección de lecturas elaborada polo equipo da biblioteca para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Ademais podedes ver o mural elaborado polo alumnado do colexio.

Samaín - Magosto 2019

Hoxe celebramos no colexio o Samaín e o Magosto levando a cabo unha serie de xogos en dous pases. O primeiro pase para o alumnado de infantil de 10:15 a 11:30 e o segundo pase para o alumnado de primaria de 12:30 a 13:40. Os xogos foron: carreira de castañas, petanca, atopa a castaña, pasa a castaña, comecastañas e mariolas e carreiras de chapas con castañas.

Letras galegas 2019

O pasado xoves 16 de maio celebramos no colexio o Festival das Letras Galegas. Levouse a cabo en dous pases; no primeiro pase contamos coas actuacións do alumnado de Infantil e de 1º e 2º de Primaria e no segundo pase coa participación dos nenos e das nenas de 3º, 4º, 5º e 6º.

A continuación podedes ver o primeiro pase.

 

Entroido

Este ano estamos traballando o tema do mar.

Cartel Día da Paz

 Velaquí un cartel compartido entre todos os  alumnos/as  do colexio

 

 

 

 

Festivais de Nadal 2018

Festival de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria

 

Festival Nadal 3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

Para ver o vídeo do primeiro pase premede aquí.

Para ver o vídeo do segundo pase premede aquí.

Polo Nadal

 

BOAS FESTAS !!

 

UN CREBACABEZAS NAVIDEÑO

Un proxecto solidario

UN COLEXIO SOLIDARIO  COAS

 

PERSOAS E O MEDIO AMBIENTE 

 

Comezou a campaña de recollida solidaria de tapóns de plástico no que convidamos á Comunidade educativa  a colaborar  nun proxecto social e medioambiental mediante o sinxelo  xesto de gardar tapóns  de plástico en lugar de tiralos ao lixo:

   Temos 2 obxectivos básicos :

•             Implicarnos activamente nunha tarefa de reciclaxe con consecuencias positivas para o medio ambiente .

•             Axudar aos nenos sen recursos a acceder a un tratamento médico que non o paga o sistema de saúde para que poida  mellorar a súa calidade de vida .

      O proxecto  se realiza baixo o soporte da FUNDACIÓN-SEUR. Para recabar máis información sobre esta actividade

Distribuir contido


by Dr. Radut