Skip to Content

ENTROIDO 2024 (última act. 09/02/2024)

O Entroido do 2024 achégase!!! E velaquí veñen os mandadiños... Moito ollo ás pistas que nos dá o noso esqueleto do laboratorio, Paquiño, co que nos diga que hai que traer ao CEIP Plurilingüe Bragade. Cada día colgaremos o que nos vaia dicindo.

 

Pero ollo...!!! Este ano Paquiño está moi bromista... Que non vos despisten os debuxos que está baixo o número do día da semana!!!! SÓ HAI QUE FIXARSE NO MANDADIÑO DA POESÍA E NAS FRECHAS QUE SINALAN ÁS CADA PARTE DO ESQUELETO!!! ;)

 

LUNS 05 FEBREIRO 2024

O dous mil vintecatro,

cedo nos trae o Entroido,

e xa o noso Paquiño,

xa che está preparado.

 

Primeiro mandadiño,

para o luns mañanceiro,

algo enriba de todo,

traerás colocadiño.

----------------------------------------------------------------------

MARTES 06 FEBREIRO 2024


Mantén o da cabeza,

non o andes quitando,

e agora outra cousiña,

por colocar comeza.

 

Pensa na xirafiña,

que é o que ten longo,

e xa pos nesa parte, 

que quede curiosiña.

----------------------------------------------------------------------

MÉRCORES 07 FEBREIRO 2024

 

Sempre colocadiño,

na testa e pescozo,

velaquí vén o novo,

ten moito coidadiño.

 

Estes saen do teu tronco,

así que nun ou nos dous,

coloca o que queiras,

con isto vai dabondo.

----------------------------------------------------------------------

XOVES 08 FEBREIRO 2024

 

Paquiño ten obxectos,

no brazo e na cabeza,

tamén no seu pescozo,

e vén o novo atentos.

 

Do tronco para abaixo,

serven pra desprazarte,

maniotas sentirás,

de correr polo patio.

----------------------------------------------------------------------

VENRES 09 FEBREIRO 2024

 

Esquece os mandadiños.

Hoxe hai algo especial,

que dende hai semaniñas,

tes ben preparadiño.

 

Temática de Entroido,

do Entroido de Galicia,

pantallas, peliqueiros,

de todo haiche moitos.



page | by Dr. Radut