Xa podedes consultar a listaxe provisional da relación do alumnado que se beneficiará dos VALES para a compra de libros de texto e material escolar.
As listaxes están publicadas no taboleiro ubicado no interior do recinto escolar e na aplicación Fondolibros
O alumnado que non apareza como beneficiario terá 2 días para presentar reclamacións.
Seguindo instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, non podemos publicar as listaxes de alumnado na páxina web nin no taboleiro exterior, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais.