Skip to Content

ENTREGA DE LIBROS E VALES

A entrega de libros e vales para o vindeiro curso 2022-2023 terá lugar o:

- XOVES DÍA 1 DE SETEMBRO DE 12:30 A 14:30.

- VENRES DÍA 2 DE SETEMBRO DE 9:30 A 14:30.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 22-23

Para o curso 22-23 utilizaremos os seguintes libros:

Preme aquí para ver o listado

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Na ORDE do 29 de abril de 2022 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23.

AXUDAS PARA:

a)  Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º e 4º de EP.

5º e 6º seguirán traballando na plataforma EDIXGAL con libros electrónicos.

b)  Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

De xeito telemático: Enlace á web

De xeito presencial: Na secretaría do centro

Para presentación presencial: utilizaranse os 

Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.

Recordamos aos beneficiarios desta axuda, no presente curso

2021-22, que deberán devolver os lotes completos de libros de texto 

en préstamo (en bo estado, sen nome e libres de escritura) para

poder beneficiarse das diferentes axudas na presente convocatoria.

As datas de entrega serán comunicadas máis adiante.

PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES

Rematará o día 22 de xuño de 2022.

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS

Xa se poden consultar as listaxes provisionais no taboleiro situado no interior do recinto educativo.

As listas provisionais publicaranse o día 4 de xullo no taboleiro do centro.

PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS

O prazo de reclamación ás listas provisionais será de dous días hábiles a partir da publicación, é dicir, os días 5 e 6 de xullo.

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS

As listaxes definitivas das axudas de libros de texto, material escolar e do fondo de libros publicaranse no taboleiro de anuncios do centro o día 8 de xullo.

RECOLLIDA DOS VALES

Serán informados máis adiante.

MATRÍCULA do alumnado de novo ingreso

Está aberto o prazo de matrícula para o alumnado de novo ingreso que solicitou praza neste centro ou foi remitido a el.

As datas serán do 20 ao 30 de xuño.

Para solicitar a documentación e entregar a mesma realizarase realizarase na secretaría do centro.

TAMÉN SE PODEN DESCARGAR DESDE ESTE ENLACE

DOCUMENTOS a presentar:

  • Impreso de matrícua
  • Fotocopia da folla de inscrición do alumno/a no libro de familia
  • Fotocopia de documento de identificación: DNI, Pasaporte ou Tarxeta de Residencia
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Informe médico no que conste que, dende o punto de vista sanitario, o alumno/a se atopa en condicións de matricularse nun centro ordinario e ten postas tódalas vacinas que lle corresponden pola súa idade. 
  • Documento de empadroamento.
  • Ficha de datos persoais e familiares con AUTORIZACIÓNS:

Ensino da relixión ou valores

Sobre a primeira lingua extranxeira

Uso da imaxe persoal

Saídas programadas dentro da PXA

  • Dúas fotografías tipo documento de identidade. Só para infantil.

 

DEVOLUCIÓN LIBROS E ORDENADORES

O xoves, 23 de xuño, en horario de 10:00 a 12:30 horas, faremos a recollida dos libros de 3º e 4

º de Primaria pertencentes ao fondo libros do colexio e tamén da ANPA (poden ler máis información da ANPA NESTE ENLACE)

Neste mesmo día e horario,  as familias do alumnado de 6º de Primaria deberán entregar os ordenadores EDIXGAL.

O alumnado de 5º de Primaria que o desexe pode quedar con eles ata o vindeiro curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut