Skip to Content

REUNIÓN PARA O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

ENTREGA DE VALES PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

O luns 4 e o martes 5 de setembro, de 10 a 13 horas, entregaranse os vales para a adquisición de libros e material escolar para aquel alumnado que os ten concedidos

ENTREGA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

O luns 4 e o martes 5 de setembro, de 10 a 13 horas, entregaranse os libros do Fondo Solidario de Libros de texto para aquel alumnado que lles foron concedidos

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO LIBROS

Xa podedes consultar as listaxes provisionais da relación de alumnado que se beneficiará do Fondo Solidario de libros de texto.

As listaxes están publicadas no taboleiro ubicado dentro do recinto escolar e na aplicación Fondolibros

 

Seguindo instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, non podemos publicar as listaxes de alumnado na páxina web nin no taboleiro exterior, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais.

LISTAXE DEFINITIVA DE VALES DE LIBROS E MATERIAL

Xa podedes consultar a listaxe definitiva da relación do alumnado que se beneficiará dos VALES para a compra de libros de texto e material escolar. 

As listaxes están publicadas no taboleiro ubicado no interior do recinto escolar e na aplicación Fondolibros

 

Seguindo instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, non podemos publicar as listaxes de alumnado na páxina web nin no taboleiro exterior, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais.

LISTAXE PROVISIONAL DE VALES DE LIBROS E MATERIAL

Xa podedes consultar a listaxe provisional da relación do alumnado que se beneficiará dos VALES para a compra de libros de texto e material escolar. 

As listaxes están publicadas no taboleiro ubicado no interior do recinto escolar e na aplicación Fondolibros

O alumnado que non apareza como beneficiario terá 2 días para presentar reclamacións.

 

Seguindo instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, non podemos publicar as listaxes de alumnado na páxina web nin no taboleiro exterior, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais.

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO LIBROS

Xa podedes consultar as listaxes provisionais da relación de alumnado que se beneficiará do Fondo Solidario de libros de texto.

As listaxes están publicadas no taboleiro ubicado dentro do recinto escolar e na aplicación Fondolibros

O alumnado que non apareza como beneficiario terá 2 días para presentar reclamacións.

 

Seguindo instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, non podemos publicar as listaxes de alumnado na páxina web nin no taboleiro exterior, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais.

MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO

Hoxe comeza o prazo de matrícula para o alumnado de novo ingreso que solicitou praza neste centro ou foi remitido a el por non obter praza noutro centro educativo.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos.

Para solicitar a documentación e entregar a mesma, realizarase na secretaría do centro. Tamén se pode descargar a documentación nos arquivos adxuntos.

Os documentos que se deben presentar serán os seguintes:

- Impreso de matrícula.

- Fotocopia da folla de inscrición do/a alumno/a no libro de familia.

- Fotocopia do documento de identificación do alumnado e dos pais/nais ou titores legais: DNI, Pasaporte ou Tarxeta de residencia.

- Certificado de empadroamento e/ou certificado do centro de traballo onde conste o enderezo do mesmo.

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.

- Autorizacións:

  • Elección de ensinanzas.
  • Recollida do alumnado (no caso de non ser recollido polos pais/nais ou titores legais).
  • Uso da imaxe persoal do/a alumno/a.
  • Realización de actividades previstas na Programación Xeral Anual.

- O alumnado de infantil deberá acompañar a documentación con dúas fotos tamaño DNI

NOTA: Os papeis de matrícula deberán vir firmados polas dúas persoas proxenitoras. Todos aqueles documentos que xa se presentaron no proceso de admisión, non será necesario volver a presentalos.

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

Xa podedes consultar, no arquivo adxunto, a listaxe de libros de texto que utilizaremos para o curso 2023-2024

CONCURSO ESCOLAR MEDIO AMBIENTE CONVOCADO POR PORTO DE CELEIRO

O alumnado do CEIP Celeiro dos cursos de 3º a 6º de Primaria, poderán participar no concurso escolar sobre o Medio Ambiente convocado por Porto de Celeiro, sobre a súa visión sobre o mar, para o que terán que plasmar a través dun mosaico o seu propio mar, como eles o ven, pode ser un mar, un océano, peixes, as profundidades mariñas... Será una manualidade feita polos alumnos e onde se deixará voar a súa imaxinación. Valorarase positivamente o uso de material de refugallo.

Poden consultar as bases do concurso premendo AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut