VISITA DO CELTA INDEPO AO COLEXIO

O pasado día 9 visitáronnos dúas xogadoras do Celta Indepo, Blanca Marcos e Egle Stakneviciene, e a delegada Pilar Valero. Explicaron ao alumnado de terceiro ciclo a súa experiencia como xogadoras do equipo de baloncesto galego que conseguíu máis títulos (varias ligas, varias copas,...). Atenderon ás preguntas dos nenos/as e logo, xa no patio, propuxeron distintos xogos para animar a todos a practicar o deporte da canastra.

Nesta ligazón podedes ver fotos históricas do Celta de baloncesto. Dende o CEIP de Cedeira desexamos moita sorte ás xogadoras nesta difícil tempada.

Powered by Drupal - Design by artinet