ENTROIDO 2024 EN CEDEIRA

Outro ano máis que celebramos o Entroido no cole de Cedeira!

Non importa que chova, estamos sempre dispost@s a pasalo ben.

Este curso queremos desfacernos dun Meco moi doce e buscamos unha vida máis saudable acompañad@s por... "cociñéir@s, cítric@s, panadeir@s e pasteleir@s, nen@s de aldea e deportistas". Todos e todas queremos ter un cole máis saudable e con "menos doce".

 

Ademáis, este curso, vimos a oportunidade de recuperar unha tradición moi antiga que era a "Corrida do galo". O colexio Amaro Refojo de Verín propúxonos un intercambio de informción sobre as celebracións de Entroido, así que, grazas á colaboración do alumnado de 5º e as súas familias e veciños, investigamos para ver que facían os nenos e nenas doutras épocas que ían pola parroquía: cunha andia, unha gaiola e metido nela, un galo, o máis lustroso da contorna. A rapazada pedía cartos para "mercar pantalóns novos" (porque, como di Aurora, a avoa de Zoraida, tíñanos moi rotos); paseaban o galo desde a Portela, pasando pola "Taberna nova" (hoxendía a farmacia) e chegando ao "Sube se podes" (como nos dixo o pai de Lara). Cantaban coplas moi bonitas e "ocorrentes" (como comentou o avó de María). Despois, xa desde o colexio, nenas e nenos correron o galo (como nos dixeron as nais de Xoel e Mara).

Nós quixemos darlle un sentido distinto e fixemos un galo de mentira, pero artístico... ademais fixemos coplas e vendemos rifas; sorteamos o galo e imos donar os cartos á protectora de animais de Vigo.

E como din as coplas... "Para o ano que vén, que o pasee o que queira!"

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet