DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz e nós celebrámolo pedindo a PAZ para todos os pobos do mundo pero, especialmente, para que os pobos indíxenas teñan a paz que merecen.

As xentes INUIT, os pobos indíxenas de América do Norte, os SIOUX, os MAYAS da península do Yucatán, os INCAS de Perú, os TICUNAS e os YAGUAS da selva amazónica, son un exemplo de poboacións aborixes que foron afastadas ou mesmo reducidas nos seus asentamentos de orixe e que continuamente son agredidos no máis profundo dos seus costumes e forma de ser.

 

 

¡PAZ PARA OS POBOS INDÍXENAS DO MUNDO!

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet