ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

Dende o vindeiro luns día 11 de maio ata o día 18 do mesmo mes restablecerase o prazo de presentación de solicitudes de admisión para novo alumnado que quedara interrompido no mes de marzo polo estado de alarma.

A solicitude poderase entregar de forma presencial na secretaría do centro en horario de 9:00 a 14:00.

Documentación a entregar no caso de alumnado que se escolariza por primeira vez en 4º de Educación Infantil (3 anos):

  • Impreso da solicitude
  • Fotocopia do DNI do alumno/o ou fotocopia do libro de familia.
  • Impreso de solicitude de comedor escolar (só se estiveran interesados neste servizo)

Para alumnado que vai realizar un cambio de Centro:

  • Impreso da solicitude
  • Fotocopia do DNI do alumno/o ou fotocopia do libro de familia.
  • Certificado de matrícula do centro de orixe.
  • Impreso de solicitude de comedor escolar (só se estiveran interesados neste servizo)

Para continuar no mesmo centro non é necesario facer ningunha xestión, a reserva de praza dun curso a outro é automática.

O impresos de solicitude pódese recoller en papel na secretaría do colexio ou descargalo no seguinte enlace:

 ED550B-G.pdf

SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR. (So se estivera interesado/a neste servizo)

 

Tamén se pode cubrir directamente a solicitude na aplicación “admisionalumnado”, no enderezo https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado, e logo imprimila para presentar na secretaría do centro.

A documentación de solicitude de admisión tamén se pode presentar a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia sempre que se dispoña de DNI electrónico ou Chave 365

A listaxe provisional de admitidos será exposta no taboleiro de anuncios antes do día 9 de xuño.

A listaxe definitiva de admitidos será exposta no taboleiro de anuncios antes do día 26 de xuño.

(chamaremos para informar directamente ás familias do alumnado admitido e non admitido)

O novo prazo para formalizar a matrícula do novo alumnado será do 1 ao 10 de xullo.

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet