Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Outubro 21, 2016
Start: 21/10/2016 09:00
End: 21/10/2016 17:00

E xa informados coma estabamos, o día 21 de outubro, 5º e 6º saimos ao Xabriña, a facer un tramo do roteiro PRG-119. Aproveitamos para visitar o Lagar da cera, un conxunto composto por unha cerería tradicional, onde elaboraban candeas de todo tipo e un lagar onde se obtiña a cera precisa para este traballo. Tamén visitamos un muíño restaurado pola Comunidade de Montes de Paraños, no cal moemos un pouco millo e poidemos traer fariña para casa, moida por nós mesmos/as.

E podedes velo aquí. Agardamos que vos guste.

Venres Outubro 28, 2016
Start: 28/10/2016 10:00

O pasado 28 de outubro celebramos o Samaín no CEIP de Cedeira. Algúns nenos e nenas de infantil viñeron disfrazados de diversas personaxes de medo. Tamén os nenos e nenas de sexto, que fixeron o tradicional TRUCO OU TRATO, no cal foron polas clases do cole pedindo algún refrán relacionado coa época do ano. Aos nenos que  sabían algún fóronlle dando caramelos.

Tamén, coma vén sendo habitual no cole, e xa por 4º ano, os rapaces e rapazas de 5º e 6º elaboraron uns contos que leeron na biblioteca aos outros cursos do cole, nun recuncho decorado polo equipo da biblioteca con este fin. OS CONTOS Á LUS DO CANDIL foron un éxito e houbo algunhas creacións do máis orixinal e TERRORÍFICO!!!

Nestes dous vídeos poderedes comprobar que ben se pasou no Samaín de Cedeira.

                                                                     

Powered by Drupal - Design by artinet