Skip to Content

Educación Primaria

Estreliñas de Nadal con Papiroflexia!

O origami ou papiroflexia é unha arte xaponesa no que a través do encartado do papel elabóranse diferentes figuras e formas. Desde o clásico barco de papel a elementos moito máis elaborados.

A práctica do origami é beneficiosa para todo o mundo, pero aos nenos pode estimularlles tanto física como mentalmente.

Supón un desafío para eles e un reto co que ademais de divertirse están a aprender.

1- Axuda a desenvolver a coordinación mano-ollo e a motricidade fina

2- Estimula a concentración

3- Activa a memoria

4- Desenvolve a paciencia

5- Potencia a satisfacción emocional

6- Fomenta a imaxinación

 

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria estiveron a traballar a papiroflexia facendo estreliñas de Nadal.

 

Moi quentiños ao carón da cheminea!

A Aula de 1º e 2º de Educación Primaria amenceu hoxe cunha fermosa decoración de Nadal. 

Como podedes ver na imaxe, a porta atópase adornada cun enorme árbore de Nadal.

Estes rapaces e rapazas son unhos artistas!

 

Ademáis, dende a semana pasada e moi quentiños ao calor da cheminea, os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria, realizaron actividades moi divertidas e entre elas, están estes calcetíns tan bonitos e coloridos.

Neles puxeron o nome que lles tocou dun ou dunha compañeira de clase e os describiron con 3 adxectivos.

 

O apalpador e a nena sen medo!

Mañá despedimos o ano e con el o primeiro trimestre. Estamos desexando que chege mañá para ver esta actuación chamada "O Apalpador e a nena sen medo", un gran contacontos con monicreques para o celebrar o Nadal. 

Esta actuación corre a cargo do Concello de Aranga, porén dende o centro educativo agradecemos enormemente a colaboración.

 

Ademáis, mañá celebraremos unha actuación con moito ritmo que estamos desexando ensinarvos!

Subiremos un vídeo tamén á páxina web para que todos e todas podades ver o ben que bailamos! 

 

Calendario de advento para traballar as emocións!

O Nadal é unha época ideal para potenciar os valores da bondade, a xenerosidade, o amor e a amizade e facer conscientes aos nenos e nenas da importancia que ten ser agradable co resto das persoas que lles rodean.

Ademais, os nenos e nenas viven ilusionados durante estes días posto que é unha etapa realmente máxica para eles, sendo sen dúbida una das súas épocas favoritas.

Os valores son útiles e necesarios durante todos os días da nosa vida, pero non sempre lévanse a cabo e esquécense elementos esenciais para convivir como persoas en amor e harmonía.

Por iso dende o CEIP A Castellana, aínda que os valores trabállanse durante todo o curso escolar, todos e todas estivemos a profundar un pouquiño máis a través dun calendario de advento en forma de árbore de nadal, estes valores.

Durante este mes de decembro, estivemos a traballar distintos valores/emocións a través de diferentes actividades.

 

A continuación podedes ver algunhas das tarefas que estivemos a traballar cos alumnos e alumnas co fin de fomentar a educación en valores seguindo o calendario de advento.

No seguinte vídeo, podemos ver distintas tarefas de traballo cooperativo, co fin de fomentar a solidaridade, o compañerismo e o traballo en equipo.

 

Ademáis, estivemos a destacar aspectos tan importantes como a familia e a felicidade. 

 

Sen dúbida, pasámolo en grande, visitando cada día o noso calendario xigante, co fin de descubrir a palabra do día. 

 

 

Un mundo para todos e todas!

Hoxe estivemos a celebrar o día da discapacidade. Dende ben pequenos temos que ter conciencia da importancia que supón ter un mundo inclusivo no que todos e todas nos sintamos integrados.

Debemos asegurar unha correcta educación inclusiva que responda as necesidades de todos os alumnos fronte a enfoques discriminatorios, co fin de loitar contra a  estigmatización e a discriminación,  logrando así unha completa integración tanto social como laboral dos mozos con discapacidade.

Desta maneira, educando aos nenos e nenas nun ambiente igualitario no que se considere a diversidade como unha oportunidade para aprender, lograrse reforzar a capacidade destes pequenos para superar barreiras, alcanzar obxectivos e sobre todo, para que se respecten a si mesmos dentro dun camiño que debe levarlles a potenciar ao máximo o seu desenvolvemento educativo, laboral e social.

Hoxe os alumnos e alumnas de Educación Infantil fixemos un círculo enorme para incluírnos a todos e todas para que ninguén quedara fora!

A educación e a mellor ferramenta para previr a Violencia de Xénero!

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, coa finalidade de visibilizar a violencia contra as mulleres e nenas a nivel mundial.

Sen dúbida, a violencia machista é unha das principais secuelas da sociedade actual e está nas mans de todos nós erradicala.

A educación sempre é a mellor ferramenta para previr a violencia! Por iso, a educación en valores como a igualdade debe ser fundamental en todas as etapas educativas.

En concreto, a Educación Primaria é unha das principais.

Dende o CEIP A Castellana traballamos dende idades temperás para adquiririr coñecementos que serán piares da personalidade e a formación académica do individuo.

A violencia de xénero é un tema que se debe abordar desde nenos. Por iso, compartimos con todos vos algunha das imaxes das tarefas que fixemos dende o centro educativo. 

 

Día dos dereitos dos nenos e nenas!

Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959.

O alumnado de Educación Infantil estivo a conmemorar este día e prepararon fermosos debuxos. 

Aquí podedes ver algún deles.

Esperamos que vos gusten!

O fantástico mundo de Camille Saint-Saëns

Empezamos este novo curso 2021-2022, redecorando a porta da aula de Educación Musical.

Este ano, dende o área de Educación Musical, todo o alumnado do CEIP A Castellana, adentrarase no fantástico mundo de Camille Saint Saëns a través das súas principais obras:

 

“A danza Macabra” a cal foi representada como puidestes ver o pasado venres 29 de Outubro polo día do Samaín, e o “Entroido dos Animais”, onde os alumnos e alumnas aprenderán a través das diversas pezas desta obra, todo o relacionado coa música.

 

Para comezar con todo isto, os alumnas e alumnos de primeiro e segundo curso de educación primaria, quixeron facer un gran mural, co debuxo do compositor pintado con témperas.

  

Seguimos completando o noso gran mural coa axuda dos alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria. Neste caso escribiron a súa biografía.

 

Nestes días de celebración do Samaín fixemos cousiñas terriblemente emocionantes...

Samaín, a orixe galega de Halloween que se antepon á festa americana Samaín provén do termo gaélico "samhain" que significaba "fin do verán" e precisamente era iso o que se celebraba: o cambio da estación cálida á fría e a finalización da recolección da colleita.   

Para os celtas, este día era o último do ano e chamábano "a noite dos calacús" (a noite das cabazas), data na que se abrían as portas do máis aló e os espíritos invadían por unhas horas o mundo dos vivos.

Dende esa época, xa se acendían fogueiras e e mostrábanse caveiras co fin espantalos.

Ao longo desta semana, aconteceron cousas terriblemente emocionantes coa chegada do Samaín. 

 

Os alumnos de Infantil non se coñecían coas súas máscaras e sen dúbida asustaron a máis de un polos pasillos do CEIP A Castellana. 

 

Ademáis, preparáronse moito dentro das aulas, co fin de espantar os malos espiritus, decorando fermosas cabazas. Tamén fixeron unhas manualidades de pantasmas.

 

Se todo isto fora pouco, se subimos á pranta superior do CEIP A Castellana, os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria tiñan amenceron un día cunha porta que daba auténtico medo entrar. De feito, case todos entrabamos pola segunda porta polo que puidera pasar...

 

 

 

Pero unha vez dentro, podíamos ver a clase chea de horripilantes adornos de Samaín...

 

 

 

Os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria tamén amenceron con pantasmas! O pasillo que daba medo!

 

Antes de entrar na aula de 5º e 6º apareceron unhos cuadros siniestros en tres dimensións partindo dun poema chamado "a noite dos mortos"...

Os alumnos de 5º e 6º foron moi atrevidos recitando o poema, aquí os podedes ver:

 

Aquí compartimos algunha fotografía a maiores, ainda que recordade que podedes atopar máis fotos no apartado de galería.

 

Se todo isto fora pouco, para poñer a guinda ao pastel, todos os nenos e nenas do CEIP A Castellana, fixemos un fermoso baile para conmemorar esta festividade tan nosa que sen dúbida desfrutamos ao longo de toda esta semana. 

Esperamos que vos guste!

 

Coñecémonos un pouco mellor

Para comezar o curso as nenas e nenos de 1º e 2º de Educación Primaria presentáronse ao resto do alumnado e a mestra describindo o máis salientable de cada un, como a súa comida, cor e actividade favorita.

Tamén recordaron a través de diferentes xogos e manualidades, como é a creación da súa propia cámara de fotos, o seu verán.

Esperamos que vós guste tanto a actividade como a todas e todos nós!

Distribuir contido


by Dr. Radut