Skip to Content

Educación Primaria

Canto nos rimos no día de hoxe!

No día de hoxe, estivemos a celebrar a festividade local e grazas o Concello de Aranga, puidemos gozar funha fermosa xornada de humor coa presenza de Circanelo.

A risa é un excelente relaxante muscular e liberador de tensións, fortalece o corazón e o sistema inmunolóxico.

Cando os nosos pequenos e pequenas están a rin están a xerar  endorfinas, provocando sensacións de pracer e de benestar.

A risa ademais de segregar a hormona da felicidade ten moitos beneficios a nivel cognitivo, social e emocional. Que bonito é escoitar a risa dos nenos. 

Compartimos con vos un anaco desta tarde! Cánto nos rimos e que ben o pasamos!

Día do libro no CEIP A Castellana

No día de hoxe estivemos a celebrar o día do libro.

A lectura axuda aos nenos para desenvolver a súa imaxinación e a aprender sobre o mundo que lles rodea; ademais, mellora o seu vocabulario, a súa riqueza lingüística, a súa memoria e a súa concentración, o que contribúe a unha maior axilidade mental e ao aumento da súa cultura, beneficiándoos academicamente. 

Poñamos un libro nas nosas vidas!

Compartimos con todos vos os comics que estivemos a facer no día de hoxe. Quedaron moi fermosos!

Xogamos, corremos e pensamos!

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria estiveron a xogar ao tres en raia ao mesmo tempo que traballabamos as capacidades físicas básicas na área de Educación Física. 

Fomentamos ao mesmo o traballo en equipo e a cooperación. 

 

Apoio a Ucrania dende o CEIP A Castellana

Dende o CEIP A Castellana e no nome da asociación AGA Ucrania queremos agradecer a toda a Comunidade Educativa pola excelente acollida desta iniciativa e por todo o material doado a este país, que por desgraza, está pasando por uns duros momentos. 

A solidariedade é unha virtude porque a través dela mostrámonos unidos a outras persoas, hoxe dende Aranga queremos mostrar a nosa solidariedade co pobo ucraniano. 

Metémonos nos papel!

Tense a idea de que o teatro é unha actividade case profesional, tanto para os adultos como para os nenos que o fan.

Isto non é do todo certo, xa que o teatro en nenos é unha maneira de xogar e divertirse que pode traer moitos beneficios.

  • Mellora a súa creatividade co desenvolvemento de novas historias
  • Axúdalles a relacionarse cos demais nenos
  • Desenvolve a súa capacidade de expresión, tanto a nivel verbal como corporal
  • Estimula a súa memoria, xa que lles fai reter textos

Compartimos con vos dúas escenas que fixeron os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria.

Fixádevos que artistas están feitos!

 

Coñecemos os perigos das Redes Sociais

Cando se usan de forma adecuada e con coñecemento dos perigos e riscos que poden entrañar, usar redes sociais non ten por que ser unha actividade negativa.

Con todo, non todos os nenos e adolescentes son conscientes destas ameazas, ás veces pola súa mocidade, ás veces por crecer nunha contorna onde as redes sociais sempre estiveron presentes e cren saber todo o que necesitan sobre elas.

No día de onte tivemos a sorte de presenciar unha charla didáctica e práctica dos perigos das redes sociais para nenos e adolescentes e unha serie de consellos para que poidan seguir usándoas con maior seguridade.

Moitas grazas ao Concello de Aranga pola colaboración nesta actividade.

O Entroido dos animais

Este ano, no CEIP A Castellana, estivemos a traballar o Entroido de xeito multidisciplinar aproveitando o aprendizaxe en música do compositor romántico francés Camille Saint - Saëns. 

Os alumnos e alumnas de todo o colexio bailaron O Entroido dos Animais e o Desfile dos leóns. 

O Entroido dos animais (en francés: Le carnaval des animaux) é unha suite musical en 14 movementos composta en 1886. 

A continuación deixamosvos o vídeo onde poderedes ver a fermosa actuación que fixeron estes grandes artístas. 

Agradecemos a colaboración de todos os pais/nais na elaboración dos disfraces. 

Esperamos que vos guste moito!

 

 

 

 

Celebramos o Día da Paz!

Cada 30 de xaneiro lembramos en todos os centros educativos a importancia de vivir nun mundo en paz.

É un dereito da infancia e de toda a humanidade.

Ao longo da historia, a humanidade creou diferentes símbolos para representar a paz: a bandeira branca, as ramas de oliveira, a pomba...

Para que a paz sexa algo máis que un símbolo, debemos traballar cada día en facela realidade. Dende o CEIP A Castelá estivemos a conmemorar o Día da Paz con este fermoso mural que podemos atopar na entrada do colexio.

Todos os alumnos e alumnas, desde Infantil a Primaria participaron para elaborar dito mural.

Cabe destacar que a paz é previr as diversas formas de violencia, promovendo correntes de opinión a favor do compromiso de todas e todos coa paz.

A Paz é fortalecer os valores da convivencia social, o respecto ás leis e aos dereitos humanos; a Paz é a práctica da democracia e a xustiza.

Vivamos nun mundo con paz e tolerancia!

Código descuento augusta eco wellness resort

 

Volver a casa por Nadal!

No día de hoxe estivemos a celebrar, bailar e cantar unha música moi marchosa. 

Desfrutamos todos xuntos no pabillón do colexio interpretando a canción Xabarín & xababanda, de Manuel M. Romón e Pablo Novoa.

Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades que ben moven o esqueleto estes nenos e nenas!

 

Ademáis, grazas a colaboración do Concello de Aranga, estivemos a desfrutar dunha fermosa actuación. Un contacontos co que o pasamos en grande e rímonos moito! 

 

Dende o CEIP A Castellana, queremos desexarvos a todos e todas unhas felices festas e un próspero Aninovo. 

Esperamos de corazón que veña cheo de ledicia e sobre todo, de moita saúde para todos e todas!

Vémonos á volta do Nadal, para comezar o aninovo con forza e gañas!

 

 Despois de toda esta festa, recargamos enerxía cun bo chocolate quentiño e un pouquiño de larpeira!

Pulsómetros deportivos

Xa chegou o Nadal!

Na clase de Inglés os alumnos e alumnas do CEIP A Castellana estiveron a adornar ata as fiestras do colexio!!

Coido que era para que o apalpador vexa ben o noso colexio e nos traiga algún regaliño nestas datas. 

Aínda que como xa sabemos, o mellor regalo é a saúde. Sobre todo nestes tempos que corren. 

Esperamos que vos gusten estas fermosas imaxes!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut