Skip to Content

Educación Primaria

Hoxe recibimos a máxica visita de Papá Noel!

Este ano portámonos todos e todas xenial e tivemos no día de hoxe a máxica visita de Papá Noel, que puido recoller él mesmo todas as cartas que días atrás lle escribimos con moito agarimo.

Compartimos con todos vós algunhas das imaxes do día de hoxe. 

Canta ilusión e ledicia temos coa chegada do Nadal!

Na galería de imaxes podedes ver e descargar o resto de fotos que fixo con todos e todas. Quedaron moi fermosas!

Agradecemos a ANPA e ao Concello pola participación na actividade.

 

Cantamos con Pako Pakolas e a súa ilustradora Laura

Hoxe desfrutamos de Pako Pakolas e as súas cancións, xunto coa súa ilustradora Laura; que ao mesmo tempo que cantábamos as cancións debuxou os protagonistas das súas cancións tan marchosas.

*Nota: na galería tedes máis imaxes do día de hoxe.

 Agradecer a ANPA e o Concello pola participación na actividade.

Lectómetro de 3º e 4º

A lectura é unha ferramenta fundamental no desenvolvemento intelectual e emocional dos nenos de primaria. A través dela, os pequenos abren unha fiestra a mundos imaxinarios, enriquecen o seu vocabulario e melloran a súa comprensión lectora.

Ademais, ler fomenta a capacidade crítica e creativa, permitíndolles construír o seu propio criterio fronte a diversas situacións. Ao mergullarse nas páxinas dun libro, os nenos exercitan a súa concentración e aprenden a manter a atención durante períodos máis longos de tempo. Isto é especialmente relevante na era dixital, onde os estímulos breves e constantes poden afectar a súa capacidade para manterse enfocados en tarefas únicas.

Compartimos con todos vós, a actividade feita na aula de 3º e 4º de Primaria: O lectómetro. Cada neno/a ten un cohete personalizado, que comezan xa a despegar en función do que lea cada un.

Hoxe pasámolo en grande con Paco Nogueiras!

Hoxe visitounos Paco Nogueiras, para darnos ledicia e festa a todos e todas! Gozamos con este músico, actor e contacontos todos e todas xuntos na escoliña pequena.

Pasámolo xenial, encantáronnos os contos que nos relatou. 

*Nota: na galería tedes máis imaxes do día de hoxe.

 Agradecer a ANPA e o Concello pola participación na actividade.

Happy Thanksgiving!

Cada cuarto xoves do mes de novembro celébrase o día de Thanksgiving (Acción de Gracias) nos Estados Unidos.

Este ano temos a sorte de poder celebralo co noso auxiliar de conversa, Unai, orixinario de Los Ángeles.

Durante esta semana puidemos achegarnos un pouco máis a esta festividade grazas á súa experiencia, e os compañeiros de 3º e 4º, aproveitamos a súa colaboración na materia de Arts & Crafts para elaborar estes preciosos pavos.

Esperamos que vos gusten!

Brincamos e bailamos con Paco Pakolas!

Hoxe veunos visitar Paco Pakolas. Bailamos e brincamos "rokeando" con Ramona Órbita.

Pasámolo en grande!

Compartimos algunha imaxe e un vídeo onde nos poderedes ver con moita marcha no corpo.

Ademáis, Paco Pakolas fíxonos un fermoso agasallo para a Biblioteca do CEIP A Castellana, o seu libro de A Ramona Pequena vai á Lúa!

*Nota: na galería tedes máis imaxes do día de hoxe.

 

Agradecer a ANPA e o Concello pola participación na actividade.

 

Celebramos o Magosto!

Hoxe no CEIP A Castellana, estivemos a celebrar o magosto!

Esta tradición, que ten as súas raíces na celebración do final da colleita de castañas, converteuse nun evento social no que as familias e amigos reúnense para disfrutar duns momentos de festa e celebración.

No día de hoxe, as castañas foron as protagonistas indiscutibles desta festa, xunto coa ledicia do encontro entre toda a Comunidade Educativa.

Pasamolo xenial! 

Tedes todas as imaxes na galería.

Agradecer a colaboración da ANPA na festividade e a todos os pais/nais pola participación.

 

Imaxinamos e aprendemos con Anxo Moure!

No día de hoxe tivemos a visita de Anxo Moure. Anxo Moure Mosquera é un escritor, contacontos e ecopacifista español. Coñecido polas súas actividades cómicas e educativas con nenos, mentres ensina o que lle pasa ao mundo ao non coidar da natureza.

Pasámolo xenial!

Anxo fomentou nos nenos e nenas o Respecto á natureza, ós árbores e a importancia de recoñecer nosa identidade propia, as tradicións e costumes que herdamos dos nosos antepasados, e a maneira en que estas influencias moldaron a nosa forma de ver o mundo.

Agradecemos a ANPA e o Concello de Aranga pola súa colaboración.

Compartimos algunha imaxe do día de hoxe con todos vós, aínda que recordade que na galería de imaxes podedes atopar máis.

 

 

Bailamos e cantamos con Paco Nogueiras!

No día de hoxe visitounos Paco Nogueiras e estivemos a cantar e bailar cancións a prol do coidado do medio ambiente e da nosa lingua e incluso aprendimos linguaxe de signos!

Que ben o pasamos! Compartimos con todos vós un fragmento da actuación e algunhas imaxes. Recordade que tedes na galería todas as que imos subindo ao longo do curso. 

Agradecer a ANPA e o Concello pola súa colaboración.

Chegou o Samaín!

Durante esta semana estivemos a traballar O Samaín. Fixemos moitas tarefas entretidas, nas que coñecemos esta festividade.

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano.

Nesta celebración, os celtas crían que os espíritos dos mortos volvían á Terra e facían rituais para protexerse e espantar os malos espíritos. Co paso dos anos, a festividade de Samaín fusionouse co Día de Todos os Santos cristián, que se celebra o 1 de novembro.

A continuación deixamos algunha imaxe dos disfraces terroríficos cos que viñeron moitos dos alumnos e alumnas. 

Asimesmo, podedes ver as cabazas que, sen dúbida quedaron de medo! Moitísimas grazas a todas as familias que colaboraron.

PD: recordade que teredes todas as imaxes na galería

Por certo! Apareceron unhos misteriosos morcegos voando pola páxina web... Alguén sabe algo disto? 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut