Skip to Content

Educación Primaria

Aprendemos matemáticas cos cadernos interactivos!

Ademais das sumas, as restas e o cálculo mental, as táboas de multiplicar constitúen unha das bases fundamentais das matemáticas.

Os cadernos interactivos son unha ferramenta moi útil xa que promoven a creatividade e a orixinalidade, coa finalidade de que as clases deixen de ser aburridas e se active a aprendizaxe visual.

Deste xeito, practicar as táboas de multiplicar cun compañeiro ou cunha compañeira, dálles a oportunidade de traballar o cálculo mental dun xeito máis relaxado, polo que memorizan as operacións mellor, perden o medo ás táboas e gañan confianza.

Aquí vos deixamos unhas imaxes de como estiveron a traballar os nenos e nenas de 2° de Primaria, que ben o pasaron!

Novos monitores interactivos!

A Xunta de Galicia ben de dotarnos 4 paneis interactivos de 75 pulgadas para cada unha das aulas principais do centro (unha para EI, outra para 1º e 2º, outra para 3º e 4º e a última para 5º e 6º). 

Deste xeito mantemos todas as aulas principais cunha total conectividade. Ditos monitores interactivos permiten unha gran funcionalidade táctil, son moi versátiles e facilitan en gran medida a aprendizaxe. 

 

Aprendemos de xeito interactivo!

As novas tecnoloxías son unha ferramenta que permite o ensino interactivo, xa que ofrece a posibilidade de interactuar co contido de forma visual e dinámica. 

No día de hoxe estivemos traballando os tempos verbais (presente, pasado e futuro) en Lengua Castellana nos cursos 3º e 4º.

 

Reciclamos e xogamos ao dominó

Educar na reciclaxe en educación primaria é fundamental para inculcar nos nenos e nenas hábitos e valores responsables co medio ambiente. A reciclaxe é unha práctica esencial para o coidado do medio ambiente, xa que axuda a reducir a cantidade de residuos que se xeran e a diminuír a contaminación ambiental.

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria, estiveron a reciclar e fixeron un divertido dominó, fixádevos que partidas máis interesantes e saudables saíron.

 

Coidemos o medio ambiente!

Traballar o medio ambiente en educación primaria é de vital importancia xa que, nesta etapa educativa, os nenos e nenas están nunha etapa de formación da súa personalidade e valores, e é o momento ideal para conciencialos acerca da importancia de coidar e preservar o medio ambiente.

Hoxe compartimos con vos unha imaxe dos alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria na que podemos ver o gran de area que puxeron para contribuir coa natureza, realizando unha pequena plantación.

A través da educación ambiental, os nenos e nenas poden aprender a ser responsables co medio ambiente e a desenvolver actitudes positivas cara á natureza. Isto permitiralles comprender a importancia de preservar os recursos naturais, reducir o consumo de enerxía e diminuír a contaminación ambiental.

Dámoslle a benvida á primavera!

Esta semana celebramos a chegada da primavera amosando a creatividade do alumnado de 1º e 2º, a través dunha actividade interdisciplinar de lingua inglesa e expresión plástica e visual.

Colorear aporta diferentes beneficios ao desenvolvemento dos nenos e nenas fortalecendo a capacidade de concentración, aumentando a autoestima e axudando á relaxación entre outras cousas.

Ademais, ao colorear estimúlanse ambos hemisferios cerebrais; equilibrando o modo de pensamento, a mente e as habilidades asociadas a cada un de ditos hemisferios.

Aquí compartimos con todos vós o noso resultado, no que o alumnado reflectiu as cores que máis asocia con esta estación do ano. Como nos gusta a primavera!

Coñecemos a Andy Warhol!

Andy Warhol é coñecido polo seu traballo na técnica da arte pop, utilizando principalmente a serigrafía para reproducir imaxes da cultura popular. Tamén traballou con outros medios, incluíndo pintura, debuxo e cinema.

A obra de Andy Warhol é unha excelente ferramenta para introducir aos nenos no mundo da arte e a cultura popular. O seu estilo distintivo e o seu enfoque en temas da vida cotiá son accesibles e atractivos para os nenos en idade escolar.

Traballar cos nenos na obra de Warhol pode axudarlles a desenvolver habilidades de observación e análise, xa que lles convida a examinar as imaxes coidadosamente e a pensar críticamente sobre o seu significado. Ademais, a técnica de serigrafía que utilizou Warhol é fácil de entender e pode ser ensinada aos nenos de maneira accesible.

Compartimos este mural feito polos alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria.

Lembramos a figura de Gandhi cunha actuación teatral

O teatro é unha ferramenta moi valiosa para a educación primaria xa que ten múltiples beneficios para o desenvolvemento dos nenos e nenas.

O teatro promove a creatividade, a imaxinación e a expresión de emocións e sentimentos. A través do xogo teatral, os nenos e nenas poden explorar diferentes roles e situacións, e así desenvolver a súa capacidade de empatía e comprensión dos demais.

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria, exemplificaron unha actuación teatral recordando a vida de Mahatma Gandhi.

Gandhi foi un líder pacifista que loitou pola independencia de India utilizando métodos non violentos. El defendía que a paz non se logra a través da forza, senón a través do diálogo e a comprensión mutua.

Tamén promoveu a idea da non violencia como un estilo de vida, que incluía a non violencia cara a un mesmo, cara aos demais e cara ao medio ambiente.

Festival do Entroido!

No día de hoxe pasámolo en grande. Toda a Comunidade Educativa gozou dunha xornada festiva. 

Os alumnos e alumnas foron caracterizados de Natureza, destacando a importancia de coidar a nosa contorna. Todos puidemos desfilar para mostrar as nosas fermosas vestimentas. 

Ademáis, grazas á colaboración da ANPA, estivemos a merendar deliciosos doces de Entroido nunha fermosa tarde na que todos xuntos puidemos bailar e gozar dunha música moi "carnavaleira".

Na galería de imaxes poderedes ver máis instantáneas.

 

 

Ramiro este ano veu ao colexio cun enorme tractor!

Como ben sabedes, no entroido deste ano imos caracterizados de Natureza, e un dos grupos irá disfrazado de gandeiros/as. Por iso, este ano o Meco Ramiro chegou montado nun tractor xigante. Na entrada do CEIP A Castellana podemos ver a Ramiro ao lado deste tractor.

A maior sorpresa é que dentro deste tractor estamos todos e todas. Na cabina atópase o equipo que guía o camiño de todos os nenos e nenas do centro.

No remolque podemos ver todos os alumnos/as do colexio.

Quedou moi fermoso! 

Compartimos tamén unha actividade que fixeron os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria sobre o Entroido na Comunidade Galega, traballando por provincias os atuendos de antroido máis tradicionais.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut