Skip to Content

Educación Primaria

Hoxe convertémonos en verdadeiros chefs de cociña

No día de hoxe, estivemos a facer unha fermosa actividade, na que o alumnado puido participar na elaboración dunha receita de cociña. 

Coa axuda dos titores/as, de Esther e da Cociñeira Ana, os alumnos/as estiveron a elaborar unhas deliciosas pizzas con ingredentes naturais. Ademáis, puideron gozar dun sabroso brownie de chocolate.

Que fame nos entrou de súpeto!

 

PD: deixámos máis imaxes dentro da galería, podedes acceder premendo aquí.

 

Volta Ramiro un ano máis polo Entroido

O noso meco Ramiro, voltou ao noso colexio. Hoxe pola mañá, os alumnos e alumnas máis veteranos do colexio axudaron a ubicalo na entrada do centro. 

Xa sabemos que o luns toca vir cun mandil, veremos que nos depara para os vindeiros día da semana...

Ademais, os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, debéronse entreter un pouco polo camiño, porque mirade qué imaxe máis icónica nos chegou... 

Celebramos o día da paz!

Traballar a paz na educación primaria é fundamental para crear unha sociedade máis responsable e respectuosa.

Os nenos e nenas son os futuros líderes e cidadáns, por iso é importante ensinarlles desde cedo valores como a empatía, o diálogo e a resolución pacífica de conflitos.

A través da educación, podemos formar xeracións máis sensibles á igualdade e á tolerancia, e axudar a construír un mundo máis xusto e harmonioso.

Traballar a paz é unha tarefa de todos, e a educación é unha ferramenta poderosa para acadala.

A continuación, compatimosvos un vídeo no que podemos visualizar o alumnado do CEIP A Castellana, conmemorando o día da Paz, a través dunha actividade que consistiu en elaborar laciños personalizados, nos que cada neno e nena escribiron unha palabra relacionada coa Paz.

No vídeo tamén podemos ver os alumnos e alumnas dicindo as palabras escritas no laciño en diferentes linguas (inglés, francés, galego e castelán).

Estes laciños arrouparon a Pomba da Paz que podemos ver na entrada do coleixo.

 

 

Pintores e pintoras, poetas e poetisas

No atardecer,

A nena e o gato

Cantan relatos,

Miran a lúa

E bailan cos sapos.

 


Compartimos estes fermosos cadros elaborados polos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria pintados con acuarela. 

Unhas verdadeiras obras de arte. 

A desfrutar do Nadal en familia!

Hoxe compartimos con todos vós, os adornos de Nadal do colexio e uns vídeos onde poderemos ver a actuación de Nadal dos alumnos e alumnas do centro, a continuación a actuación do mago Román que nos visitou no día de hoxe coa actuación chamada "Laberinto de ilusiones", organizado polo Concello de Aranga. 

Que ben o pasamos! 

Sen dúbida, unha fermosa xornada onde toda a Comunidade Educativa se puido reunir logo de varios anos de pandemia que nos obrigaron a estar máis separados. 

 

Dende o equipo docente, queremos agradecer a enorme participación de todas as familias. 

A continuación compartimos un par de vídeos da xornada de hoxe no festival.

Ademáis, dende a materia de música, tódolos nenos e nenas estivemos a traballar nesta felicitación de Nadal que con moito afán e agarimo elaboramos para todos vos. 

 

Por último, queremos compartir con vós, 5 consellos para gozar deste Nadal. Para descubrilos, deberedes facer clic en cada unha das boliñas de Nadal. 

Agardamos que vos guste!

Brincamos e bailamos con Paco Pakolas!

Hoxe veunos visitar Paco Pakolas. Bailamos e brincamos "rokeando" con Ramona Órbita. Pasámolo en grande!

Compartimos algunha imaxe e un vídeo onde nos poderedes ver con moita marcha no corpo.

Agradecer a ANPA e o Concello pola participación na actividade.

 

Afondamos na igualdade de xénero e a NON discriminación

Para conseguir unha igualdade real é importante educar no respecto ás persoas dende pequenos.

Educar en base a valores é fundamental para lograr unha mentalidade inclusiva nos nenos, e este ensino debe entregarse tanto na escola como na familia, para formar nenos/as e mozos/as empáticos, solidarios e respectuosos das diferenzas individuais.

No día de hoxe os alumnos/as de 3º, 4,º 5º e 6º de Primaria estiveron a desfrutar dunha charla práctica e moi interactiva, na que aprendemos valores de Non discriminación e afondamos no feminismo e a igualdade de xénero, tan importante na sociedade actual.

Agradecer a participación da Cruz Vermella de Betanzos nesta actividade.

Visítanos Anxo Moure!

No día de hoxe tivemos unha fermosa visita. Outro ano máis, puidemos desfrutar dunha xornada de contacontos da man de Anxo Moure, na que fomentamos a importancia do coidado do medio ambiente, afloraron valores como a Paz e a Non violencia e sobre todo, rimos moito e pasámolo xenial.

Compartimos con vos algunhas das imaxes de hoxe, e recordade que podedes acceder á galería de imaxes, na marxe dereita da páxina web ou facendo clic aquí.

 

Experimentamos coas cores!

Se lles falamos aos nenos e nenas de Educación Infantil do MÉTODO CIENTÍFICO pode que non resulte interesante e significativo para eles/as… mais se nos achegamos a este a través da realización dun EXPERIMENTO, a emoción e a curiosidade están aseguradas!

Así, estas propostas xa forman parte do noso día a día na aula posto que nos permiten traballar de xeito lúdico aspectos tan importantes como a observación, a atención, o razonamento lóxico-matemático, o traballo en equipo, a expresión oral e escrita en diferentes linguas ou a motricidade fina.

A semana pasada as nosas protagonistas foron as cores… que acontecerá se poñemos caramelos de cores en auga temperada? POIS HABERÁ QUE EXPERIMENTAR E COMPROBALO:

Elaboramos un libro con recortes!

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria están a elaborar un fermoso libro. Cada neno e nena elabora o seu propio libro de xeito individual, empregando recortes de periódico. 

Mediante o traballo en equipo interiorizan palabras e fomentan a escritura creativa.

Unha actividade que lles axudará a ampliar o seu vocabulario, a mellorar a súa aprendizaxe da lingua e a promover o seu gusto pola lectura. Ademais mellora a súa memoria, creatividade, imaxinación e concentración.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut