SUSANA PEIX

SUSANA PEIX

O xoves 2 de novembro o alumnado de 3º de primaria

tivo unha visita moi especial:a ilustradora Susana

Peix.

Susana contoulles  tres  contos: O rei medoreto,o

mellor gato da vila e un elefante no deserto

africano.

Ademais  de  contar  contos explicoulles  en  que  consistía o 

seu  traballo.

     

    

   

                         

 

MOITÍSIMAS  GRAZAS  SUSANA 

POLA TÚA  VISITA

PASÁMOLO MOI  BEN

Tamén  lle  queremos  dar  as grazas a Editorial Cumio  por 

agasallar  a  nosa  biblio  cos seguintes  contos:

SAMAÍN 2023

O 31 de outubro no CEIP ADR Castelao conmemoramos o SAMAÍN e aquí tendes un bo exemplo das terroríficas bruxas, arañas, ánimas en pena e demáis seres que nos visitaron...

Preme aquí para velas fotos

Menú Novembro 2023

 

 

 

AVISO IMPORTANTE!

Cambio no menú

Día 29 de novembro: de 1º tomate con sardiñas, de 2º guiso de pavo e de postre froita.

Día 30 de novembro: de 1º empanada de xamón york, de 2º dados de atún fresco salteado con patacas e de postre froita.

 

No seguinte enlace pódense ver todos os menús do mes de novembro, tanto o xeral coma os especiais 

Preme na imaxe

 

CAMBIO NO MENÚ DE OUTUBRO

Megáfono, Teléfono, Hablar, Sonido

Hai cambios no menú do comedor escolar dos días 30 e 31 de outubro de 2023.

O menú será o seguinte:

Luns 30 de outubro de 2023

1º prato: sardiñas con tomate.

2º prato: arroz de contramuslo de pavo e vexetais

Sobremesa: Froita de tempada.

 

Martes 31 de outubro de 2023

1º prato: sopa de verdura

2º prato: zorza con patacas fritidas

Sobremesa: Froita de tempada.

 

 

LECTURA E FAMILIAS: PAULA CARBALLEIRA

QUE CONTO CONTAMOS? 

Hoxe tivemos unha visita  moi  especial  na  biblioteca. Visitounos 

Paula  Carballeira, e  puidemos desfrutar de historias de aquí,

que nos encantaron tanto a pequen@s como a grandes. Contos

para coller coas mans, meter na cabeza e levar no corazón. Contos

para poder rir, aplaudir, cantar, chorar, ouvear, volver a rir...contos

para pasalo xenial.

Esta actividade  está  dentro  do  programa Lectura  e  familias

da asesoría   de  biliotecas escolares  de  Galicia.

 

 

 

 

MOITÍSIMAS GRAZAS, PAULA!!!

DÍAS NON LECTIVOS

 Megáfono, Teléfono, Hablar, Sonido        

AVISO:

Os días solicitados polo centro para este curso 2023/24 son:

13 de outubro de 2023: xa disfrutado.

20 de maio de 2024. (Cambiouse a data para coincidir cos demais centros do municipio).

 

O PEIXE É SAÚDE

IV EDICIÓN DA CAMPAÑA COME LOCAL

O comedor escolar  do CEIP ADR Castelao de Ordes participa na IV EDICIÓN COME LOCAL, campaña de formación para comedores escolares de Galicia.

MAGOSTO TERRORÍFICO ORGANIZADO POLA ANPA CEIP CASTELAO E A AGRUPACIÓN AS MARIÑAS

PARA INSCRIBIRTE, DEBES CUBRIR ESTE FORMULARIO.

 

DÍA NON LECTIVO

Recordámosvos que o vindeiro venres 13 de outrubro é un dos días escollidos polo noso centro como día NON LECTIVO, polo tanto, non haberá clase, o centro permenacerá pechado.