DATAS E LUGARES DAS REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO 2023/24 COAS FAMILIAS

As reunións de principio de curso coas familias serán na data e lugar que a continuación se especifica:

Educación Infantil: Xoves 7 de setembro ás 11:00 horas no comedor do centro.

1º de Educación Primaria: Mércores 6 de setembro ás 12:00 horas cada curso na súa aula.

2º de Educación Primaria: Mércores 6 de setembro ás 12:00 horas cada curso na súa aula.

3º de Educación primaria: Martes 12 de setembro ás 16:30 horas cada curso na súa aula.

4º de Educación primaria: Martes 12 de setembro ás 16:30 horas cada curso na súa aula.

5º de Educación primaria: Martes 19 de setembro ás 17:00 horas na biblioteca do centro.

6º de Educación primaria: Martes 26 de setembro ás 17:00 horas na biblioteca do centro.

SERVIZO DE CONCILIACIÓN PARA AS FAMILIAS

A ANPA ofrece servizos de conciliación para as familias:
- BOS DIAS COLE que coida aos nenos/as antes da entrada ao cole dende as 7.30h ata as 9h.
- CONCILIA TARDE que coida aos nenos/as a continuación da hora de saída do comedor.
Estes servizos funcionan desde o primeiro día de cole e poden anotarse por semana completa ou días soltos.
Para acceder a toda a información e/ou anotarse hai que entrar nos seguintes formularios:

CALENDARIO ESCOLAR

 

RDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

https://www.vigopeques.com/calendario-escolar-galicia-2023-2024-fechas-de-inicio-de-curso-y-vacaciones/

Calendario Escolar Galicia 2023-2024: Fechas de inicio de curso y vacaciones

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ALUMNADO E TITORES PARA O CURSO 23/24

Estimadas familias:

A partir das 9:00 horas do día 4 de setembro de 2023 podedes consultar no taboleiro de anuncios do centro as listaxes de alumnado por niveis para o curso 2023/24 e os/as seus/súas respectivos/as titores/as.

Un saúdo 

O Equipo Directivo

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS AO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-24

Todo o alumnado que solicitou o comedor escolar para o curso 2023/24 foi admitido e contará con praza de comedor no vindeiro curso.

Poden consultar a listaxe no taboleiro do centro.

O período de reclamación será do 10 ao 14 de xullo de 2023.

IMPORTANTE: TODOS OS ADMITIDOS TEÑEN QUE CUBRIR ESTE MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ENTREGALO NO CENTRO  ENTRE O 10 E O 14 DE XULLO DE 2023. PODEN FACELO DE MANEIRA PRESENCIAL NA SECRETARÍA OU ENVIALO POR CORREO ELECTRÓNICO AO CENTRO. 

CORREO ELECTRÓNICO DO CENTRO: ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal

Aos efectos de orientar ás familias sobre o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora a través da páxina web de Consellería, que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar. O acceso á calculadora estará dispoñible a través do seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

  Para máis información podedes consultar aquí as instruccións de comedores escolares para o curso 2023/24.

 

O Equipo Directivo

PUBLICACIÓN DA LISTA PROVISIONAL DE FONDO DE LIBROS

Hoxe saiu a publicación provisional do fondo de libros. Podes consultala na secretaría do centro ou chamando ao 881 880 881.

Os vales entregaranse do 11 ao 14 de xullo de 2023 e/ou en setembro.

O Equipo Directivo.

ORLA 6º E.P. PROMOCIÓN 2014/2023

PROMOCIÓN 2014/2023

 

PREME NA IMAXE PARA VELA EN GRANDE

REVISTA RETRINCOS 2022/23

OBRA DE TEATRO: AVENTURAS EN EL ESPACIO

"Aventuras en el espacio" é unha obra de teatro escrita e representada pol@s alumn@s de 3º A en Proxecto Competencial.

 

PREME NA IMAXE PARA VER A OBRA DE TEATRO

OBRA DE TEATRO: AVENTURAS EN EL BOSQUE

"Aventuras en el bosque" é unha obra de teatro escrita e respresentada pol@s alumn@s de Proxecto Competencial de 3º C.

 

PREME NA IMAXE PARA VER A OBRA DE TEATRO