Entrevista a Manuel del Río (director do IES Nº 1 de Ordes)

 

Entrevista a Manuel del Río, director do IES Nº1 de Ordes, realizada polo alumnado de 6º C. Esta actividade enmárcase dentro dos actos conmemorativos do 50 aniversario do noso centro.

Preme na aquí para escoitar a entrevista

Entrevista a Marisa (administrativa do noso cole)

Entrevista a Marisa, administrativa do noso cole, realizada polo alumnado de 1º C. Esta actividade enmárcase dentro dos actos conmemorativos do 50 aniversario do noso centro.

Preme na aquí para escoitar a entrevista

Campaña " Froita na escola"

Durante 2 semanas do mes de xaneiro desenvolveuse o 1º período do programa "Froita fresca na escola", solicitado polo centro e  subvencionado polo FOGGA.

 

A COMPOSTAXE

O pasado xoves, 8 de febreiro, o  alumnado  de 1º de Primaria  tiveron un  obradoiro de  reciclaxe.

Nel  ademais  de lembrar  en que  colector vai cada residuo  tamén  aprenderon  o procedemento para facer  a compostaxe.  Agora xa saben  que  tipos  de  residuos  poden  botar  no  composteiro e  que  poden  usar  como  estructurante (herba do  xardín) e sen  esquecerse de mesturar os  distintos  tipos  de residuos para que se produzca a fermentación.

                

                

                

 

 

A COMUNIDADE VAGALUME

O alumnado de Infantil e 1⁰ ciclo de Primaria desfrutaron dun marabilloso contacontos titulado: "A COMUNIDADE VAGALUME".

Este conto ten como protagonistas a animais humanizados  cuxos  comportamentos son idénticos ós das persoas.

O obxectivo deste contacontos era sensibilizar ao alumnado sobre a discriminación que sufren as mulleres na nosa sociedade e fomentar a comunicación como algo esencial para a resolución de conflictos.

Moitas gracias  "A Asociación Visibles" por este contacontos.   

                                    ENCATOUNOS

 

CLUB DE CIENCIA

DA  AUGA Ó  AIRE

O pasado 31 de xaneiro  levouse a cabo a 4ª sesión do Club de

Ciencia.

Nesta ocasión realizáronse tres experimentos:

 

                - Carreira de transvasamentos.

            

 

 

              - Barco a toda vela.

 

 

 

                  - Chocolatinas na feira.

 

 

ADEMAIS DE APRENDER...PASÁMOLO MOI BEN

 

PREMIO DA MODALIDADE INFANTIL DO IV CERTAME DE RELATO BREVE "A ERBEDA"

A nosa alumana de 6º de Educación Primaria, Sabela García Santos, gañou por terceiro ano consecutivo, o premio da modalidade infantil do IV certame de relato breve A Erbeda.

O conto, titulado "A  nosa terra", narra a viaxe de descuberta de Galicia a través dos ollos dunha cativa de cuarto de primaria. 

Parabéns Sabela.

Para poder acceder a toda a información premede na seguinte ligazón:

https://academia.gal/-/o-iv-certame-de-relato-breve-a-erbeda-premia-unha-nena-de-ordes-e-mais-unha-adolescente-e-un-veci-c3-b1o-da-coru-c3-b1a?redirect=%2Finicio

A MIÑA PALABRA FAVORITA EN GALEGO

A MIÑA PALABRA  FAVORITA EN GALEGO


 

5º XORNADA DO CLUB DE CIENCIA

COLABORADOR/A DE COMEDOR