Skip to Content

Programación didáctica 2014/2015

Picando na imaxe poderedes acceder e descargar a programación didáctica de 5º curso de Educación Primaria.

Campo a través en Cee

O día 5 de decembro os nenos/as de 3º e 5º de primaria acudiron á localidade de Cee para participar nunha carreira de campo a través con outros centros da zona de Costa da Morte. O día acompañou e puideron disputar as diferentes distancias sen preocuparse por chegar mollados/as á meta.

Carreira campo a través en Cee

O próximo venres 5 de decembro os nenos/as de 3º e 5º de E.P. participarán nunha carreira de campo a través que está incluida no programa deportivo, organizado pola Xunta de Galicia, Xogade. A proba realizarase na localidade de Cee. Os rapaces/zas terán que correr diferentes distancias en función do seu ano de nacemento, ubicándose deste xeito en diferentes categorías. Esta é a primeira fase, no caso de clasificarse algún neno/a para a seguinte proba notificariamolo coa suficiente antelación.

Horario 2014/2015

Quinto Canosa - "A ratiña feroz"

Esta é a actuación que fixeron os nenos/as de 5º no teatro Lido na súa edición 2012. Presentámosvola grazas ao bo traballo que fixeron os profesionais de RadioVoz, ademais podedes consultala na edición dixital de La Voz de Galicia edición Carballo.


4:52 minutes (4.46 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut