Skip to Content

Secretaría

Resolución provisional Fondolibros e Axudas para libros e material

Estimadas familias: Xa está publicada, no taboleiro interior do centro, a listaxe provisional de Fondolibros e Axudas para libros e material para o curso 2023-2024. Podedes pasar a consultala no colexio en horario de atención ao público. A continuación figura detallado o calendario referente ao programa. Un saúdo. O equipo directivo. 

- Mércores, 5 de xullo: Publicación de listaxes provisionais

- Xoves, 6 e Venres, 7 de xullo: Días de reclamación ás listaxes provisionais.

- Luns, 10 de xullo: Publicación da listaxe definitiva.

- Entrega de libros: Mes de setembro.

- Do 10 ao 13 de xullo, recollida dos vales de materiais e axudas libros en horario de atención ao público.

 

 

Solicitude de comedor para o curso 2023-2024

Estimadas familias: Na tarde de hoxe saíu publicada a Instrución 2/2023 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Cultura, Formación Profesional e Universidades, do 1 de Xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2023-2024. Nos arquivos adxuntos deixamos o documento completo e o modelo de solicitude.

Podedes entregar no centro a solicitude e o Modelo de Autodeclaración e Especificacións cubertos, en horario de atención ao público. Por favor, cubride os documentos con letras maiúsculas e con tinta azul e lembrade que é imprescindible que figuren todas as sinaturas necesarias en cada unha das solicitudes para poder ser tramitadas. Un saúdo. O equipo directivo. 

- Páxinas 48, 49, 50 da Instrución: Modelo de Autodeclaración e Especificacións.

Circular de transporte 2023-2024

Estimadas familias: Achegamos a circular de planificación para o curso 2023-2024 sobre a xestión do transporte escolar, aclaratoria da Instrución 1/2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Dirección Xeral de Mobilidade, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares no curso escolar 2023-2024. Un saúdo. O equipo directivo.  

Ordes de Avaliación

Estimadas familias: Deixamos no adxunto a Orde do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e a Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que establecen a ordenación e o currículo da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. Un saúdo. O equipo directivo. 

Impresos de comedor - Mes de Xuño

Estimadas familias: Xa están dispoñibles os impresos de pago do comedor do mes de xuño para efectuar o abono correspondente e entregar o comprobante de pago no centro. Podedes pasar a recollelos a semana que vén. O horario de atención ao público durante a semana do 26 ao 30 de xuño é de luns a xoves de 9:30 a 12:00 e o venres (día 30) de 11:00 a 12:00.

Aproveitamos para comunicar que, de momento, non saíu publicada a Instrución de comedor para poder tramitar a solicitude de comedor para o vindeiro curso. Cando saia publicaremos o documento na web do centro e tamén o modelo de solicitude a cubrir. Un saúdo. O equipo directivo. 

Libros de texto. Curso 2023-2024

Estimadas familias: Xa está dispoñible a lista de libros para o curso que vén. Un saúdo. O equipo directivo. 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-2024

Prazo de presentación de solicitudes:

 Do 20 ao de 30 de xuño (ambos os dous incluídos), en horario de atención ao público.

 HORARIO DE ATENCIÓN DO 22 AO 29 DE XUÑO (INCLUÍDOS). 

 DE LUNS A XOVES de 9:30h a 12:00h

HORARIO DE ATENCIÓN DO 30 DE XUÑO.

Transporte de escolares - Curso: 2023-2024

Estimadas familias: Xa está publicada a Instrución conxunta 1/2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestuturas e Mobilidade, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2023-2024. Podedes consultar o documento íntegro no adxunto. Un saúdo. O equipo directivo. 

Calendario escolar 2023-2024

Estimadas familias: Xa está publicada a Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023-2024 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. Dispoñedes do documento íntegro no adxunto. Un saúdo. O equipo directivo. 

Cursos intensivos de natación - Verán 2023

Estimadas familias: A A.D. Fogar da Xuventude de Carballo realizará cursos intensivos de natación de verán durante os meses de xuño e xullo. Estes cursos están dirixidos a nenas e nenos de 4 a 10 anos. Podedes acceder a máis información neste enlace http://www.adfogar.com/blog/escola-de-natacion-triatlon-e-atletismo/curs.... Un saúdo. O equipo directivo. 

Escolas de Balonmán Xiria - Verán 2023

Estimadas familias: As Escolas de Balonmán Xiria de Carballo levarán a cabo a 30ª edición das Escolas de Verán Xiria. O campamento terá lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Fogar de Carballo. As actividades desenvolveranse en horario de mañá e están orientadas a nenas e nenos das etapas de Educación Infantil e Educación Primaria. As actividades que propoñen son unha alternativa para o tempo libre da época estival onde as nenas e nenos poderán desfrutar facendo deporte, realizando obradoiros, participando en xogos e festas temáticas, asistindo a saídas e descubrir novas amizades. Na páxina web: http://www.balonmanxiria.com/escolasdeveran/ podedes obter máis información e tramitar as inscricións. Un saúdo. O equipo directivo.

Campamento deportivos de verán 2023

Estimadas familias: Deixamos no arquivo adxunto a información sobre os campamentos deportivos de verán 2023 que organiza a Deputación da Coruña e que se desenvolverán do 2 ao 28 de xullo. No documento figura a información completa referente ao lugar onde se van desenvolver as actividades, a duración, a cota de inscrición, as catro quendas que se levarán a cabo e a documentación necesaria para formalizar a inscrición. O prazo límite para anotarse aos campamentos é o mércores, 7 de Xuño. Un saúdo. O equipo directivo. 

Admisión alumnado para o curso: 2023-2024. Listaxes definitivas

Estimadas familias: Todo o alumnado que solicitou praza no proceso de admisión, obtivo praza e figura polo tanto como admitido no centro educativo para o vindeiro curso 2023-2024. As listaxes definitivas de admitidos están publicadas no taboleiro interior do colexio. A formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño. Antes do inicio do proceso de publicarase a documentación necesaria. Un saúdo. O equipo directivo. 

Convocatoria de folga de transporte

Estimadas familias: Ante a convocatoria de folga no sector do transporte de viaxeiros por estrada a partir do 8 de maio inclusive, informamos da posibilidade de que os servizos que habitualmente se prestan de transporte escolar, non poidan prestarse ou non poidan prestarse con normalidade ou na súa totalidade, polo motivo indicado, alleo á nosa vontade. Un saúdo. O equipo directivo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut