Skip to Content

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN!

Estimadas familias:

Agora si que chega o final de curso. Este venres 19 e xuño remata a actividade lectiva ata setembro e entregaremos as notas polo abalarMóbil. Por este motivo esta última entrega de tarefas xa son recomendacións por parte das titoras e titores e por parte das mestras  especialistas. Lede ou escoitade con atención todo o que as mestras e mestres teñen que decirvos!

 Leoteca pola súa banda tamén quere despedirse de todos nós dándolle as gracias aos nenos e nenas por enviarlle tantas cousas bonitas durante estes meses. Está desexando volver a biblioteca chea de rapazada ! Mentres   tanto  colgou no seu blog unhas recomendacións de lecturas de cara ao verán moi interesantes. As podedes atopar no seguinte enlace:

Todos os mestres/as do cole queremos dar unha vez máis as GRACIAS ao noso alumnado por ser os verdadeiros campións e campioas , por estar na casa e seguir dándonos tanto cariño a través dos correos, das mensaxes, das chamadas, das vídeo conferencias... por seguir traballando e enviándonos cousas tan bonitas, por ser tan valentes e darnos unha lección aos adultos , por tantas cousas ...GRACIAS DE CORAZÓN! E GRACIAS ás familias por todo o voso admirable traballo nestes meses. Agora máis que nunca o cole e as familias somos un gran equipo que ten que remar unido. As mestras e mestres do CEIP Canosa-Rus estamos e estaremos a vosa disposición para o que necesitedes . Temos moitísimas ganas de volver a estar cos rapaces e rapazas nas aulas, de volver a estar no noso lugar coa cercanía que o noso traballo require.

Durante esta semana estade moi atentos/as a páxina web do cole , sobre todo o alumnado de 6º de EP por si atopades algunha sorpresiña…

Para cubrir as solicitudes de comedor e transporte daremos aviso por esta páxina web tan pronto saían as instrucións pertinentes.

Tamén tedes na seguinte entrada unha enquisa para as familias ( online)  moi sinxela de cubrir e de enviar. Agradeceríamos que a cubran o máximo número de familias posibles para poder mellorar no que faga falta como centro e como comunidade educativa.

Moitísimas gracias pola vosa colaboración, GRACIAS!

Aquí deixamos as recomendacións de cara ao verán. 

AdxuntoTamaño
EDUCACIÓN INFANTIL ( 3, 4 E 5 ANOS).pdf386.08 KB
1º EDUCACIÓN RIMARIA .pdf29.17 KB
2º EDUCACIÓN PRIMARIA .pdf54.91 KB
3º A E 3º B EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf10.95 MB
4º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf183.15 KB
5º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf324.83 KB
6º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf172.83 KB
INGLÉS. 1º A 6º EDUCACIÓN PRIMARIA..pdf276.36 KB
EDUCACIÓN FÍSICA. 1º A 6º EP..pdf606.33 KB
MÚSICA. 1º A 6º EDUCACIÓN PRIMARIA..pdf132.23 KB
RELIXIÓN. EI E 1º A 6º EP..pdf1.05 MB


page | by Dr. Radut