Skip to Content

INAUGURACIÓN DA AUDIOTECA DO CEIP CANOSA-RUS

Mañá no noso colexio teremos un día moi especial,xa que  inauguraremos a audioteca escolar

( é unha ampliación da nosa Leoteca).

 

Comezaremos o día desvelando cal foi a carátula gañadora que pasará a ser o logotipo da audioteca do CEIP Canosa-Rus. Ao longo da xornada, cada ciclo pasará pola audioteca, onde aprenderán as normas de utilización para poder disfrutar dela a partir do próximo luns. Despois escoitrán diferentes fragmentos dos cds dispoñibles e realizarase unha actividade sobre os mesmos.

Pero, que é unha audioteca?

É un espazo no que os nenos e nenas, durante os recreos, poderán disfrutar da escoita de diferentes ritmos musicais, inspirarse con distintas melodías e sobre todo aprender da cultura musical mediante diversas actividades que iremos prantexando durante todo o curso. 

Tamén se utilizará a audioteca para diferentes clases que o requiran.

Consta de 5 equipos musicais e unha humilde selección de música que esperamos ir ampliando nos vindeiros cursos coas ideas que todos e todas podades aportar. 

Esperamos que esta nova experiencia sexa enriquecedora para toda a comunidade educativa.

Ao longo destes días colgaremos fotos do evento o noso blog da biblioteca escolar.

http://bibliocanosa.blogspot.com.es/

Para rematar, gustaríanos agradecer a colaboración para a posta en marcha da audioteca a colaboración da mestra Noelia Rodríguez Díaz, xa que ainda que este ano está noutro centro, foi unha das precursora desta idea. Gracias Noe!

 

 

 



page | by Dr. Radut