Estimadas familias: Mañá empezamos as clases e ponse en marcha o servizo de comedor deste novo curso con moita ilusión e algúns cambios que descubriremos mañá. Deixamos o menú de setembro no adxunto. Un saúdo.
Estimadas familias: O luns, 2 de maio iniciamos o segundo e último período de distribución de froitas frescas no colexio. O reparto de froita, para todo o alumnado que desexe consumila, terá lugar durante dez días lectivos consecutivos finalizando o vindeiro venres, 13 de maio. Un saúdo. O equipo directivo.
Dentro dunhas semanas daremos a benvida á primavera e a novas cores, paisaxes, flores, froitos...mentres non chega imos agardar con calma ata que sexa o momento de gozar da nova estación. Aquí tendes o menú de marzo, esperamos que vos guste!
Estimadas familias: O próximo luns, 7 de marzo empezamos o segundo período de distribución de leite líquido de consumo no noso centro. Será durante vinte días lectivos consecutivos e con el finaliza a distribución de lácteos concedida ao noso centro. A principios de maio empezará o segundo período de distribución de froita para todo o alumnado. Un saúdo. O equipo directivo.
Estimadas familias: Esta semana iniciamos a distribución de leite correspondente á convocatoria do Fondo Galego de Garantía Agraria a través da cal se regula o procedemento para a concesión de axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares durante o curso 2021-2022.
Estimadas familias: un ano máis, desde o CEIP Canosa-Rus o equipo do comedor quere darvos a benvida. Durante este curso 2021-2022 seguiremos colaborando co Proxecto Documental Integrado co que vimos traballando no centro,probando novos sabores e gozando de sorpresas grazas aos menús especiais de fin de mes que comezarán en outubro.
E chegamos ao último mes do curso. Deixamos o menú de xuño e unhas indicacións de cara ao verán. Queremos agradecer ao equipo de cociña e ás nais colaboradoras do comedor a súa gran labor de cada día para que os nenos e nenas estean o mellor e máis seguros posibles no colexio. GRAZAS POR FACELO POSIBLE!
Xuntamos o menú do mes de maio. Este mes temos varios días sin clase, o venres 14 de maio , por ser uns dos días non lectivos elixidos polo centro e o luns 17 de maio por ser o día das letras galegas. Tamén teremos dous menús especiais, o venres 21, xa que festexaremos o día das letras galegas no cole e o venres 28, que será o menú especial de fin de mes. Dende o equipo de cociña desexamos que sigades desfrutando moito connosco!