Rematando o curso!

Quedan poucos días para dar por finalizado este curso e dende aquí gustaríame despedirme de todos vós con moito agarimo, por ser uns alumnos exemplares, participativos, xenerosos e incribles.

A miña etapa como a vosa mestra chega ao seu fin con gran tristeza e pesar, pero con ledicia de haber compartido tantos momentos, vivencias, experiencias e todas as aprendizaxes acadadas ao longo de estes 3 marabillosos cursos académicos. Non cambiaría nada de todo o vivido.

Agradecervos a vosa implicación e boa actitude cara min e cara a educación física, oxalá logredes todos os obxectivos que vos propoñades.

Moitas apertas da vosa profe, saúdos dende o corazón!

 

Tags: PVAD, VIDA ACTIVA

Día da Educación Física na rúa

Este curso 22-23 decidimos participar na conmemoración do día da educación física na rúa.

O martes 25 saímos á rúa os alumnos de 5º e 6º, co resto de colexios e institutos, da Estrada para festexar este día tan importante na nosa materia.

Foi unha xornada na que quixemos dar visibilidade á educación física con distintas propostas lúdico-deportivas como o hockey, rugby, brilé, xogo do paño, lanzamento de frisbee, mariola... foron algunhas das actividades que se levaron a cabo nos distintos espazos públicos do casco urbán. Ademáis de pasalo ben e estar en movemento constante, puidemos compartir espazo e momentoS de xogo con outros colexios, do que disfrutaron moitísimo.

Moitas gracias pola vosa particpación e implicación.

 

  

Tags: Móvete +, Proxecta, PVAD, vida proactiva

Voltamos a xogar ao bádminton!

Este xoves, 20 de abril, volveuse a celebrar outro encontro entre os centros da comarca para xogar un torneo de bádminton dentro do "Xogade". Participaron os discentes de 4º EP e foi unha experiencia moi enriquecedora, grata e divertida!

Gozaron do intercambio con outros rapaces da súas idades e compartimos momentos de ledicia e xogo lúdico onde o principal obxectivo era pasar un rato agradable e deportivo, movéndonos e adquirindo hábitos de vida proactivos e saudables.

    

Tags: MOVÉMONOS, PVAD, VIDA ACTIVA

Xogos tradicionais antes das vacacións

Para dar por finalizado o segundo trimestre levamos a cabo unha xornada de xogos tradicionais con todos os alumnos do colexio: infantil e primaria.

Gozamos da diversión dos mesmos, de compartirlos cos compañeiros e disfrutamos e pasamos un tempo agradable movéndonos e manténdonos activos. As propostas de xogos estaban en 6 estacións cun tempo mínimo establecido para cada unha e cambiando de xeito rotatorio.

Os xogos propostos foron: roubar cintas dos sacos dos compañeiros, birlos, petanca, un circuito de aro con guía, carreira de ovos de pascua e culleres cos pés atados e lanzamento a un cono.

 

Qué ben o pasamos e canto nos movemos!

 

 

Tags: movéndonos, PVAD, VIDA ACTIVA, Xogos tradicionais

Seguimos aprendendo no MUSE

Este curso 2022-2023 seguimos no programa MUSE coa artista Xus, dando continuidade a todo o aprendido o curso pasado e profundizando nos novos coñecementos: respiracións conscientes, meditación, progresión na capacidade pulmonar, as 12 asanas do saúdo ao sol... etc.

Velaquí algunhas imaxes que amosan os progresos e as actividades propostas.

    

Tags: MUSE, PVAD, VIDA ACTIVA

Memory de mulleres deportistas

O 8 de marzo, día da muller, conmemorámolo realizando un memory de mulleres deportistas. Con esta proposta de actividade, encadrada dentro do Plan de Vida Activo e Deportivo, permitiulles coñecer figuras femeninas relevantes de deportes pouco coñecidos, así como achegarse á gran diversidade de deportes existentes tales como: natación sincronizada, motociclismo, boxeo, augas bravas, taekwondo, rugby...etc

Deste xeito pretendemos manternos activos mediante o movemento e a actividade física, debían de emparellar as tarxetas realizando unha carreira, e reflexionar sobre a pouca difusión e coñecemento do xénero feminino no ámbito deportivo.

 

 

Tags: PVAD, VIDA ACTIVA

Volvemos ao Cross

Un ano mais participamos no Cross organizado polo Plan Proxecta "Xogade". Este festexo deportivo reuníu á meirande parte dos colexios e institutos da comarca convertíndose nun gran evento deportivo escolar.

Como docente gustaríame agradecer a participación e o esforzo de todos os alumnos e alumnas do Ceip Cabada Vázquez que quixeron vivir esta experiencia; é un orgullo e satisfacción ver como disfrutades e como compartides estas vivencias dun xeito tan pasional. Mención especial aos 4 clasificados: Hugo, Melania, Mohamed e Fátima sodes o orgullo de todo o colexio e a comunidade educativa... moitos parabéns queridiños/as!

Gracias a todos.

 

 

Tags: CROSS, Proxecta, PVAD, Xogade

Festival de Nadal bailarín

Para festexar o final do primeiro trimestre levamos a cabo varias coreografías de temática navideña que os discentes amosaron as súas familias o día do festival de Nadal, o xoves 22 de decembro.

Por unha banda, os educandos de 1º e 2º de EP movéronse ao ritmo de Mariah Carey e a súa canción "All I want for Christmas is you" empregando un paraugas durante o baile. Por outra banda, os discentes de 6º decantáronse por coreografiar un anaquiño da película musical de Grease.

Moitas gracias polo esforzo e a implicación campións!

 

Tags: PVAD, VIDA ACTIVA

Comeza o mundial de fútbol en Codeseda!

Hoxe empezamos un mundial de fútbol moi particular!

Prolongarase durante toda a semana mediante a realización de distintas propostas relacionadas co deporte, onde se incrementarán os retos e a dificultade dos mesmos.

Para dar inicio a este evento lúdico-deportivo comezouse pola inaguración, festexandoa por todo o alto: acendido de antorchas, desfile de deportistas, actividades que precisaban de destrezas e habilidades técnicas, lanzamentos de precisión, equilibrios, carreiras de velocidade, coordinación dinámica xeral, coordinación óculo-podal e manual... etc.

Moitas gracias pola vosa participación e entusiasmo campións!

  

  

  

Tags: FUTBOL, MUNDIAL DE CODESEDA, PVAD, PVAD, VIDA ACTIVA

Un magosto moi movido!

O 8 de novembro levouse a cabo o magosto no centro escolar e aproveitando esta circunstancia, fixéronse dende a área de Educación Física e dentro do Proxecto Deportivo de Centro, unha serie de xogos proactivos relacionados coa temática do día.

Xogos moi diversos e divertidos onde a principal protagonista do día foi a castaña, pero tamén os múltiples usos físico deportivos que podemos facer con ela:

- xogamos de forma conxunta a pasala de un equipo a outro sen que se caera do paracaídas.

- fixemos unha carreira de relevos para sementala e apañala.

- apañámolas cos ollos pechados intentando coller o máximo número delas.

- tivemos que adiviñar en qué mans do compañeiro se escondía.

Foron propostas de xogos moi diferentes pero nas que se requería axilidade, velocidade, traballo en equipo e estratexia.

Moitos parabéns!

            

 

  

 

Tags: PVAD