Novembro 2015

As mochilas viaxeiras están en marcha

Ola a todos e todas!!

Só escribo para dicirvos que estou moi contenta porque xa están en marcha as mochilas viaxeiras de todas as aulas!!

Espero que desfrutedes moito con elas na compaña das vosas familias!

 

Aquí podedes acceder ao contido da mochila da aula de 3 anos, a modo de exemplo.

 

Saúdos.

 

Liatantoscontos

LIBROS DOS VENRES. AULA 3 ANOS.

Ola familias.

Os nenos e nenas de 3 anos a partir desta semana, os venres, levaremos para a casa un conto da Biblioteca.

O libro deberá volver ao cole no mesmo estado no que vai para a casa.

CELEBRACIÓN MAGOSTO E SAMAÍN

Ola!!

 

O pasado martes 27 de outubro celebramos na escola o SAMAÍN e o MAGOSTO. 

Tivemos exposición de cabazas.

De 1º a 6º participamos no xa tradicional concurso da ANPA para adiviñar o peso de dous calacús.

As aulas de Infantil como aínda non teñen interiorizado o concepto de "peso" elaboraron individualmente, na aula de 4 e 5 anos, debuxos de calacús e os da aula de 3 anos construiron un calacú con castañas.

Recibimos e enviamos postais felicitando o Samaín a outros centros do Concello de A Estrada e por aulas elaboramos contos de medo. Os maiores cantaron un par de cancións que prepararon coa profe Irene para amenizar o magosto.

Powered by Drupal - Design by artinet