Skip to Content

Actividades curso 2011/2012

Lecturas pracenteiras para tódalas materias.

Este ano 2012 dende a Biblioteca do noso centro quixemos celebrar o día do libro dun xeito especial. Por iso mostramos unha selección de lecturas pracenteiras relacionadas con cada unha das materias do currículo. Con iso quixemos amosar ao noso alumnado que ademais de ler por pracer tamén o podemos facer para aprender, e que mellor momento que nesta semana!!!

Os nosos alumnos e alumnas visitaron esta pequena exposición e realizaron lecturas en grupo. Despois, como non, puideron levar emprestados aqueles libros que máis lles gustaron.

Os máis pequenos puideron disfrutar da lectura dramatizada do "Soldadiño de Chumbo" e da curtametraxe da mesma historia realizada polo grupo Algarabía.

I Edición do Gran Premio Lector de F1 do CEIP DA BARQUEIRA

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Xa deu comezo a primeira edición do GP Lector do Ceip da Barqueira. Os participantes do 3º ciclo poden comezar a escoller os libros cos que traballarán nos boxes. Moito ánimo a tódolos pilotos. Revisade ben os motores, suministrade as doses adecuadas de combustible e procurade non desgastar demasiado as rodas. Xa sabedes que o primeiro piloto e completar as cinco voltas é o vencedor. Moita sorte!!!

Gastronomía Típica

Dende o equipo de biblioteca levamos a cabo unha actividade de busca de información co alumnado, empregando  información en diversos soportes para elaborar un mural con receitas típicas do entroido. Tamén elaboramos un "mini-dicionario" co vocabulario típico destas datas. Aquí podedes ver o resultado final.

 

Exposición de amor

Como xa é tradición na nosa biblioteca cada vez que toca celebrar unha data "especial" facemos unha exposición de libros relacionados coa temática a tratar. Desta volta adquirimos unha morea de libros de amor. Amor de todo tipo: entre dous amantes, entre dous amigos, entre unha nai e o seu fillo... Despois de pasarlles unha ollada o alumnado pode collelos emprestados para lelos máis polo miúdo nas súas casas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut