Skip to Content

Actividades curso 2011/2012

Entrega de premios do GP Lector

Xa rematou a I edición do GP Lector do CEIP da Barqueira e como en todo Gran Premio celebramos a tradicional entrega de trofeos. Aquí podedes ver unha imaxe das 3 participantes que subiron ao pódio. Noraboa!!!

 

E non vos pensedes que rematou aquí a cousa...! Para o resto...premio de consolación!!!

Proxecto "Celso Emilio Ferreiro"

O alumnado do 3º ciclo estivo traballando no "Proxecto Celso Emilio Ferreiro". Proxecto que naceu na biblioteca do centro pero que foi medrando cara as aulas grazas a implicación das distintas materias. Aquí podedes ver imaxes do proceso, ler a entrevista ficticia que lle fixeron ao escritor e escoitar a súa versión rap do poema "Deitado frente ao mar"que gravaron en música acompañada de ilustracións que fixeron en plástica. Ademais, en matemáticas elaboraron liñas do tempo tomando as datas máis importantes da vida e obra do autor.

 

Se queres ler a entrevista pincha no arquivo adxunto que aparece debaixo desta entrada.

 

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

Museo Velázquez

O alumnado do 3º ciclo estivo traballando durante varios meses dende a materia de Educación Artística e coa colaboración da bilioteca do centro no Proxecto Velázquez e unha vez rematado ten o pracer de invitarvos a ver o resultado e así a visitar o "Museo Velázquez" que se atopa na entrada do centro.

Aquí podedes ver unhas imaxes tanto do resultado final como do proceso de achega de información que se levou a cabo na biblioteca.

  

                           

 

 

Os Trouleiriños

Por mor do Día do Libro dende a biblioteca propúxose a elaboración de marcapáxinas coa cara da nosa mascota, o Trasno Trouleiro e este foi o resultado: unha morea de Trouleiriños que van invadir os nosos libros.

Esperamos que lean miles de historias interesantes.

Distribuir contido


by Dr. Radut