Skip to Content

Complementarias e Extraescolares

Entroido (9-13.02.2015)

 

Chegou o tempo de festexar o Entroido!

O Meco non se deixou ver pero aínda así, atopou a maneira de facernos chegar os seus mandados. Nós obedecemos ao dedillo, como debe ser.

Este ano, decidimos encher o cole de animais salvaxes nin máis nin menos! Houbo tigres, monos, leóns e elefantes.

Ademais, aproveitamos para investigar sobre como se celebra o Entroido en outras partes de Galicia... sabedes o que son os Peliqueiros? E os Cigarróns?... Pois nos xa o temos máis que claro!

Fixemos un taller de decoración de caroutas, outro taller de xogos tradicionais e rematamos o día visualizando a película do Libro da Selva, que nos gustou moito.


 


 

 

Día da Paz e Non Violencia (30.01.2015)

 

Como todos os anos, no cole celebramos o DÍA DA PAZ, nesta ocasión reivindicando a liberdade de expresión.

Fixemos murais, investigamos sobre personaxes que adicaron as súas vidas a loitar por este motivo, decoramos o cole coas nosas creacións, escribimos as nosas mensaxes de Paz, formamos esta palabra cos nosos corpos, limos para os demais os nosos desexos pacíficos, cantamos... en fin, unha chea de cousas! Botade unha ollada.

 

 

 

Nadal 2014

 

Chegou o Nadal!! E como non podía ser doutra maneira, no cole celebrámolo como se merece...

Como cada ano, fixemos un concurso de Postais de Nadal, que nesta ocasión gañou Pablo... Parabéns!! Aqui tendes ao gañador e a postal que utilizamos para felicitar as festas a todos os nosos coñecid@s.

 

 

Ademais fixemos un Festival de Nadal memorable no que cantamos, bailamos e actuamos como verdadeiros artistas!! E aínda que non o creades, contamos coa inestimable visita dos Reis Magos de Oriente, que ademais de agasallarnos coa súa presenza e recoller as cartas que lles escribimos con tanto agarimo, nos deixaron un agasallos riquísimos! Botade unha ollada...

 

 

 

 

 

E por suposto, moitísimas grazas a eses dous presentadores que conduciron o evento... fixéstelo de maravilla!

 

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO!!

 

 

Maxia vs. Ciencia (05.12.2014)

 

No día de hoxe visitounos no cole un mago-científico da compañía "A Illa d@s nen@s". Si, si, o que estades lendo.

A parte dese acento un tanto extrano que tiña o que nos amosou foi incrible e quedounos moi claro que a ciencia e a maxia son cousas ben distintas, aínda que a simple vista parezan o mesmo.

Fixo cousas coas cores, cos números e coa luz que nos deixaron pasmados. Pero o que máis impresionados nos deixou foi que convertiu a algúns nenos e nenas nun cable humano!!! Asegúrovos que o cable estaba roto e que conseguimos que o son chegara dende o ordenador ata o altofalante tan so colléndonos das mans (ou do nariz, ou chocando as palmas, ou dándonos un bico...) A que non creríades tal cousa?

 

  

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut