Skip to Content

Experimentando

Xa de volta das vacacións, continuamos coa nosa idea de ser os mellores científicos do planeta, ou polo menos, de Cerdido. Canso

 

TINTA INVISIBLE

Nesta ocasión, máis que científicos, parecíamos meigas, xa que... ¡¡¡¡HABELAS HAILAS!!!!!! Así que, con materiais de uso cotián, puxémonos mans á obra. ¡¡Eso si!! Tan cotiáns eran os nosos elementos "máxicos", que ata nos deu tempo a facer degustación de froitas de temporada Selado.

                

 

OSITOS DE GOMINOLA MUTANTES.

Outro dos nosos experimentos, foi comprobar como unhas das chuches máis comúns da infancia, reaccionaba con outras substancias de uso diario, coma o sal, o vinagre, o limón ou o bicarbonato. ¡¡¡FOI IMPRESIONANTE!!!! Algún cambio de tamaño, outro volveuse máis viscoso, e ¡¡¡¡ata tiñamos un deles transparente!!!!

                       

Festival de Nadal

Xa para finalizar o 1º trimestre, realizamos unha grande festa de Nadal, na que todos os nenos/as do cole prepararon algunha actuación.

Despois de moito traballo, e da xestión de moitos nervios, o pasamos moi ben.

Finalmente, agradecer as familias a súa participación na actividade e colaboración coa excursión de fin de curso dos máis maiores.

Igualmente a ANPA "Os Carrís" que, en colaboración cos Reis Magos, trouxeron para o noso centro unha grande cantidade de agasallos.

¡Grazas a todos/as!

       

     

 

Finalmente, e xa de volta no cole, entregamos os premios do concurso de Tarxetas de Nadal. Cada vez nos poñen un pouco máis difícil esto de otorgar premios. ¡SODES UNS ARTISTAZOS!

Pero algún había que escoller, así que aquí tedes os catros finalistas e a gañadora final, Beatriz. ¡NORABOA!

                

Obradoiro de Cupcakes Navideños

En plena celebración do Nadal e, como bos lambóns que somos, o Concello de Cerdido trouxo ó noso cole un obradoiro de cociña creativa.

Concretamente, realizamos Cupcakes en forma de Renos que estaban.....¡¡¡¡¡BOÍSIMOS!!!

                                                      

 

                      

Outra forma de disfrutar do Nadal.

Case coa chegada das festas de Nadal, comezamos a reflexionar sobre cómo sería esta celebración noutras partes do mundo.

Así, non podíamos ter mellor testemuña que unha das nosas alumnas e a súa nai, que nos contaron en primeira persoa como se vive o Nadal no seu país de orixe.

O mellor de todo, e que a nai de Lorena nos falaba en Inglés, polo que tivemos que agudizar moito o oído. Aínda así, contaba cunha grandísima traductora, a propia Lorena.

Ademáis tivemos a sorte de que nos trouxeron doces típicos do lugar e algún que outro agasallo máis.

¡¡¡GRAZAS AS DÚAS!!!!!

                                                    

Distribuir contido


by Dr. Radut