Skip to Content

CIENCIAS SOCIAIS 4º, 5º e 6º (23 - 27 de marzo)

Bo día rapazada!

 

Como vai? Espero que esteades a sacar o máximo partido destes días na casiña, colaborando nas tarefas do fogar, axudando e dándolles moito agarimo a papá e mamá, e coidando moito dos avós e demais familia.

Agardo tamén que aproveitedes o tempo de lecer e esteades a entretervos e a xogar moito. Por se alguén se aburre (que non o creo Canso) vou poñer noutra publicación unha morea de suxerencias para facer estes días na casa; pero tamén temos que seguir mantendo a rutina e dedicar un pouquiño a repasar contidos do cole, facer contas, escribir, debuxar, ler... Sobre todo lembrade ler un pouco todos os días, pois "un libro é unha porta aberta a novos mundos".

 

Hoxe propoño continuar repasando xeografía de España:

Na anterior publicación lembrábamos que o territorio de España se organiza en 17 comunidades autónomas e dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla). Cada unha destas comunidades divídese en provincias. Hai comunidades que teñen varias provincias, e outras tan só teñen unha. Por exemplo, a nosa comunidade autónoma, Galicia, está formada por catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Á súa vez, cada provincia divídese en municipios, como o de Cerdido, que xunto a Cedeira, Ortigueira, Ferrol, As Pontes, Moeche, Carballo, Muxía, Oleiros, e moitos moitos máis, forman a provincia da Coruña.

COMUNIDADES AUTÓNOMAS > PROVINCIAS > MUNICIPIOS

 

No seguinte mapa podemos ver onde se localizan todas as provincias:

 

 

Para repasar e aprender xogando podedes facer click nas seguintes ligazóns:

XOGO 1

XOGO 2

XOGO 3

XOGO 4

XOGO 5


E se queredes ver fotos, ou saber máis de cada provincia, tamén podemos "viaxar sen saír da casa" buceando un poquiño por internet. Eu atopei esta páxina: https://provinciasdeespana.com/

 

Lembrade que podedes deixar comentarios ou mandarme correos electrónicos contándome como vos vai. Encantaríame lervos.

 

Unha aperta moi forte!

 

Marisol

soledl@edu.xunta.es



page | by Dr. Radut