Comezamos repasando xeografía. Actividades para 4º, 5º e 6º de EP.
O territorio de España: Comunidades Autónomas
O territorio de España organízase en 17 comunidades autónomas e dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla).
Cada comunidade divídese en provincias. Por exemplo, a nosa comunidade autónoma, Galicia, ten catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Á súa vez, cada provincia divídese en municipios, como o de Cerdido, que xunto a Cedeira, Ortigueira, Ferrol, Narón, As Pontes, e moitos máis, forman a provincia da Coruña.
Neste mapa imos a empezar repasando as comunidades.
Ao final da semana podedes probar a anotar ou facer capturas de pantalla coas vosas máximas puntuacións en cada xogo e deixar un comentario se vos apetece. Pero non vale facer trampa! Jejeje
O venres máis xogos.
Marisol.
soledl@edu.xunta.es