Propoñemos a seguinte tarefa, dirixida de 6 a 12 anos, para realizar diariamente durante o tempo que permaneza o centro pechado:
Imos escribir un diario en galego onde contemos todo o que facemos cada día e como nos sentimos.
Poden engadirse debuxos e pode facerse tanto en papel como en soporte dixital.
Cando voltemos á escola serán entregados aos mestres e mestras para ser correxidos.
Lembrade:
- Poñer a data.
- Coidar a ortografía e a presentación (podemos utilizar diccionarios se é preciso).
- Usar correctamente as maiúsculas e os signos de puntuación.
- Manter un orde e coherencia á hora de redactar.
Non hai extensión mínima nin máxima, cada neno escribirá o que poida en función do seu nivel.
Saúdos e que teñades moi boa semana!
As mestras e mestres do CEIP da Barqueira.