Skip to Content

Saída á granxa.

Vinculada novamente ós diferentes Proxectos de traballo que se están a realizar no centro, fixemos unha nova saída a unha granxa cercana, na que tivemos a oportunidade de recoller un montón de información sobre os coidados, necesidades e características dos diferentes animais que alí nos atopamos.

Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos...

    

Vimos como ordeñaban ás vacas, cal era a que conseguía dar máis leite, como trataban o producto e onde se almacenaba...

Como lles daban de comer ás máis grandes, pero tamén ás máis pequerrechiñas...

    

Algún intentou darlles de comer...pero SORPRESA!!!!...a palla é onde durmen....non para comer Vergoña

                                     

Tamén vimos cabalos...

E o que sen dúbida foi o grande protanista da nosa saída.... 

Finalmente, tivemos a grande sorte de poder merendar chocolate quentiño feito con leite das propias vacas da granxa e biscoito. ESTABA TODO BOÍSIMO!!!

 

MILLÓNS DE GRAZAS A BELÉN E FRAN POLO TRATO RECIBIDO E POLA VOSA PACIENCIA INFINITA!!!!!

 



book | by Dr. Radut