Skip to Content

Día dos Dereitos do Consumidor

O pasado 15 de Marzo, conmemorábase o Día dos dereitos do Consumidor, polo que despois de traballar sobre a necesidade de realizar un consumo responsable na nosa sociedade, convidamos novamente a unha das nosas avoas.

Así, contounos sobre como cambiou o consumo desde a súa infancia ata á dos nosos pequenos/as. Para eles/as é inconcedible non ter televisión, ter que compartir unha goma para toda a clase ou mesmo ir camiñando ó centro escolar.

Posteriormente, e tras unha grande cantidade de preguntas, visionamos unha curtametraxe que nos fixo reflexionar un pelín máis sobre un consumo que actualmente excede do realmente necesario. Por isto, decidimos realizar entre todos un pequeno decálogo sobre medidas importantes para aforrar no centro e que, igualmente, son aplicables os fogares. ¡Veremos se as levamos a cabo!

 

Unha vez máis, ¡¡¡¡¡MILLÓNS DE GRAZAS POR PARTICIPAR E COLABORAR NAS ACTIVIDADES DO COLE!!!!!!

 

 



book | by Dr. Radut