Dobre sorpresa no cole!!!

Versión para imprimir
 

Comezamos a semana da Muller traballadora!

 
Xa vos anunciaramos unha sorpresa para este mes, verdade?
 
Hoxe foi o día de desvelala: Unha dobre sorpresa porque era para vós e tamén para unha muller moi coñecida por todos : 
                         
                                  MARÍA SALINAS
 
Pero, por que era sorpresa para ela?
 
Porque  o seu compañeiro de andanzas BERTO PIRATA, tróuxoa enganada dicíndolle que ían a Portugal, a un sitio moi especial, pero debía ter os ollos  tapados por un anteface


Cal era o motivo para traela ao cole?

 
El quería  darlle esa alegría, de volver ao cole onde foi a nosa mestra de inglés moitos anos, xa que sabe  que María sente este centro como o seu cole preferido.

 



Tamén quería  que María xunto con el, nos presentaran o 
 
libro  de relatos curtos que escribiron os dous con fins 
 
solidarios: ELEFANTES DE PAPEL

 

 
 
 
 
Como se sentiu cando lle quitaron o anteface e descubriu a pequena mentira?
Vímola moi sorprendida, nerviosa, emocionada e supercontenta. 



 

Primeiro chorou, logo abrazouse a Berto e despois  quería falar connosco pero non podía, comezaba a chorar. Algúns de nós choramos con ela.

Como se desenvolveu a sorpresa?


Pouco a pouco María foise relaxando e xunto con Berto foron presentándonos o libro.



E coa morea de preguntas que lles fixemos... 
 
Fomos descubrindo  como e cando o  idearon, cal é o seu relato favorito, porque  é de relatos curtos, quen foi o ilustrador, unha particularidade especial do libro: pódese ler desde o inicio en galego e se damos a volta en castelán, cada un deles leunos un relato,o  que fan coas ganancias do libro  que son nada máis e nada menos que axudar a ONG.
 
 
Esta foi unha pregunta con resposta xenial!
Porque na portada e contraportada ten un quebracabezas? A resposta foi:
" A  vida  é un quebracabezas e hai que quedarse coas mellores pezas"
 
Durante a presentación, animounos a perseguir cada un dos nosos soños, porque se queremos podemos conseguilo.
 

Despois démoslle un abrazo colectivo e 
 
 



Unhas fotos de grupo para o recordo.
 









Para rematar,  dedicáronnos e asinaron o libro para que poidamos desfrutalo na biblioteca.
 
 
Grazas María e Berto!!!  

 

Powered by Drupal - Design by artinet