Skip to Content

Actividades

23 FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA. CEIP A SANGRIÑA

O 23 de FEBREIRO foi o día de Rosalía de Castro e no cole celebrámolo de distintas maneiras.

Nesta ocasión, a clase de 6º de infantil fixo este mural para ambientar a entrada do cole.

Por outro lado, organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o alumnado do centro preparou un poema de Rosalía para despois cantar ou recitar. 

Mirade que ben o fixeron!

PARABÉNS A TODO O ALUMNADO POR ESTE BO TRABALLO!

UN SAÚDO, 

O EDLG

 

11F. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro foi o día da muller e da nena na ciencia.

Para conmemorar esta data, organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tivemos varias visitas no centro de científicas da zona, todas grazas a  iniciativa do 11 de febreiro. 

 Estivo con nós Sara Varela, paleontóloga da Universidade de Vigo,  do departamento de Ecoloxía e bioloxía animal, e Clara Almecija, oceanógrafa e xeóloga da Unidade de Tecnoloxías Mariñas do CETMAR de Vigo.  

Con Sara, o alumnado de 5 anos aprendeu sobre fósiles. Puideron tocalos, manipulalos e incluso pintalos (eran mostras de xeso). 

Con Clara, o alumnado de primaria aprendeu sobre a vida nos fondos mariños, a importancia dos ruidos tanto naturais coma producidos polos humanos, e o noso papel para coidalo e preservalo. O seu centro de traballo ten unha boia de monotorización na Guarda! 

As dúas expuxeron o seu traballo facéndonos dalgunha maneira partícipes. Por un lado, aprendemos sobre traballos, neste caso desenvoltos por mulleres que non son tan visibles no noso día a día. E por outro, a importancia que ten a ciencia para seguir progresando na vida. 

Agardamos que estas actividades sirvan de inspiración para todo o noso alumnado, en especial as nenas conscientes de que poden facer o que queiran pois teñen capacidade de sobra!!!

OS VENRES EN GALEGO!!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega empezou o aninovo 2024 cun propósito: falar máis galego e contaxialo por toda a comunidade educativa.

Ese día todo o alumnado e profesorado debe empregar a nosa lingua para comunicarse no patio, horas de ler, cambios de clase e incluso nas clases nas que sexa posible.

Así que en aulas e corredores poderedes ver este cartel:

Tedes toda a información no seu blog...

https://delerianominho.blogspot.com/

XORNADA DE TÍTERES. LÚA QUERE VIAXAR A MARTE

Nin a choiva caida durante toda a mañá nos impediu acercarnos toda a E.Primaria esta mañá ata o Centro Cultural para gozar desta obra de títeres a cargo da Xanela do Maxín.

Tedes toda a información do acontecido no blog de Dinamización da Lingua.

https://delerianominho.blogspot.com/2023/11/lua-quere-viaxar-marte.html

BLOG DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Asistimos ó nacemento dun novo blog !!! Permanecerá anclado nesta web para que poidades seguir as súas publicacións. 

 O Equipo de dinamización da lingua comunica o seguinte:

 

ESTAMOS DE ESTREA!

Alédanos anunciar que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega ten novo BLOG!

Este blog será unha canle de comunicación con toda a comunidade educativa para contarvos o que estamos facendo, pedir colaboración, e sobre todo, impulsar o uso do galego.

 Gardade esta dirección e permanecede atentos e atentas ás actividades que estamos preparando para este curso.

 Agardamos que vos gusten e que colaboredes con nós.
 
Estamos en contacto!
 

 Saúdos e apertas :)

LETRAS GALEGAS 2023

O Equipo de dinamización da Lingua en coordinación coa profe Virginia de música preparou unhas fermosas actividades para homenaxear a FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, figura á que se lle adica este ano o día das Letras Galegas.

Así, en colaboración, os tres Centros públicos da Vila, Sinde, Solanas e Sangriña, unímonos e fixemos uns marcarpáxinas que circularán por todos os rincóns da Guarda... Cada un ten un CÓDIGO QR dende o que se accederá a un audio...Ollo que NON todos son iguais!!!

Así baleiros non din nada, peero así cheiños de vida e cor, feitos polas nosas nenas e nenos...chulada!!!!

  

E, aquí van os AUDIOS que atoparedes ó escanear o código QR, coordinados pola profe Virginia:

1) RAP do alunmado de 6º: 

2) PODCAST do alumnado de 3º e 4º a través de Informática: 

 Para rematar, imaxes do fermoso mural que enche de cor e galeguidade a entrada do Centro:

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O GALEGO, A NOSA FERMOSA LINGUA!!!

LETRAS GALEGAS 2023. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada pola Real Academia Galega (RAG) que chega á súa 60 edición rendéndolle homenaxe este ano 2023 ó tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego.

Dende o SEMINARIO GALÁN, como todos os anos,comparten o material que foron creando.

Antes de empezar, un pouco de historia...para saber a razón desta celebración. Descubriralo aquí:

http://seminariogalan.org/inicio/dia

E agora, entramos en materia...

BREVE BIOGRAFÍA: EN VÍDEO/EN PAPEL

 http://seminariogalan.org/inicio/2023

FOTOGRAFÍAS:

http://seminariogalan.org/inicio/2023/fotografias

OBRAS (CLICA EN CADA PORTADA E ABRIRASE)

http://seminariogalan.org/inicio/2023/obras

ACTIVIDADES: EN LIÑA/EN PAPEL

http://seminariogalan.org/inicio/2023/actividades

http://seminariogalan.org/inicio/2023/documentos

E, que vos parece se rematamos cantando como boas galegas e galegos:

AI!!! HO!!! GALEGO!!!

23 FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para celebrar o 23 DE FEBREIROdía de ROSALÍA DE CASTRO, o alumnado do CEIP A Sangriña deléitanos con este videoclip da marabillosa cover (versión ) que MJ PÉREZ, cantautora galega, fixo da canción da cantante Rosalía "Malamente", á que lle puxo a letra da poesía da nosa Rosalía de Castro. 

      Castellanos de Castilla

Esta é a poesía:

 http://bitaculas.as-pg.gal/sondepoetas/2020/07/03/castellanos-de-castilla-rosalia-de-castro/

Este é o vídeo:

 

O noso alumnado encheu o cole de debuxos da nosa Rosalía:

TOUPICIENCIA SHOW

Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua e coa colaboración da Biblioteca Escolar na conmemoración do mes da Ciencia na Biblioteca Escolar chegou á Sangriña:



A Xanela do Maxín presentou este espectáculo de monicreques do que puideron gozar o alumnado de 2º,3º e 4º no que se fomenta e promove a divulgación científica en galego.

Todo preparado para recibir ó alumnado:

 

Da man de Toupiña e do seu axudante Protonio nenas e nenos viviron unha xornada científica en galego con diversos experimentos...

 

Temas de presión, electricidade...foron facendo hipóteses e probando segundo o método científico para finalmente chegar ó resultado preciso.

Canto lles prestou!!!

Graciñas a organizadores e á Xanela do Maxín!!!

A ORIXE DA NOSA LINGUA GUAPA

A RAG (Real Academia Galega) estrea esta curta de ficción coa que pretende achegar ós máis cativos/as a lingua galega dun xeito ameno e diferente. Nesta ocasión explícanos o proceso de formación da nosa lingua galega.

Baseada nunha idea orixinal da escritora FINA CASALDERREY e a mestra-meiga Fátima R. Ruibal que protagoniza o guión acompañada do alumnado do CPI St. Lucía de Moraña, centro no que exerceu como mestra Fina Caslderrey.

Aquí deixamos o vídeo:

  

E a canción: LINGUA GUAPA: 

Distribuir contido


by Dr. Radut