Skip to Content

Plantación no Tegra

Versión para imprimir

Invitados pola Comunidade de Montes de Camposancos, os nenos e nenas do cole subiron ao Monte Tegra, concretamente á zona do Campo de Chans para plantar árbores autóctonas.

A primeira hora da mañá, recibiron unha pequena charla por parte dun membro da Comunidade que lles amosou mediante uns vídeos o que ían facer e como facelo.

Inmediatamente despois comezaron a  subida, o frío era moito, pero as ganas de plantar eran tantassss.

Xa na zona, fixéronse grupos de catro alumnos, maiores con pequerrechos e...  cada grupo recibía as súas árbores e... a plantar!

Despois de plantar máis de cen árbores: nogueiras, castiñeiros, cerdeiras, sobreiras e carballos, os rapaces puxéronlles os seus nomes nas estacas que as van guiar.

E para rematar:  un zume e unha chocolatina!

 

Grazas á Comunidade de Montes por esta xenial experiencia!

 

 
 
Vídeo 


 



page | by Dr. Radut