Skip to Content

Saídas

Teatro: espantallo amigo

O equipo da biblioteca  en colaboración coa  Editorial Galaxía propuxéronnos ler o libro  ESPANTALLO AMIGO  de Xosé Neira Vilas.

Nesta actividade participamos os nenos e nenas de 2º a 6º de primaria.

Pouco a pouco, fomos descubrindo unha historia sorprendente, chea de xenerosidade e amizade da man das personaxes: o Tío Ramón de Reborneda, os merlos, o espantallo, o can Penexo, o grilo, o gato Xirimía, as nubes e dous irmáns moi pobres. 

E... hoxe,  fomos ao Centro Cultural, para ler doutro xeito o libro das mans do grupo Quinquilláns.
Estabamos espectantes e desexosos por comenzar!

 
 

 

Esta representación é unha adaptación da obra. 




 
 
 

O espantallo que fixo o Tío Ramón, non é un espantallo calquera. A súa misión non era salvar os figos, en realidade era para facer que os habitantes do pobo se axudanse  uns a outros e fosen amigos.

 


Cando acada o seu obxectivo, decide  iniciar unha viaxe aproveitan-
do o vento para ver o mundo. Desde  o alto, descobre a unha parella de nenos moi pobres. 
A súa xenerosidade é tanta, que decide deixar de existir para darlles todo o que ten: roupa, comida, leña, palla e calzado  para que poidan pasar un bo inverno.


Durante a representación houbo momentos para as risas, para cantar e mesmo para bailar pero sobre todo para pensar e reler o libro de novo.



 
 
Foi unha experiencia xenial! Como nos gustou!!!

Bótadelle un ollo ao vídeo!


CONMEMORAMOS O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

Celebramos xunto coa A Asociación Avelaíña o seu 20   aniversario e  o Día Mundial da Saúde Mental
 
Baixo o lema " TES UN PAPEL NA NOSA HISTORIA" iniciamos unha marcha usuarios, persoal  e familiares do centro Avelaíña,  alumnos IES A Sangriña, do centro  San Xerome Emilini, e do  CEIP A Sangriña cara o Concello.

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Alí fomos recibido polo Alcalde Antonio Lomba e as Conselleiras de Cultura e Asuntos Sociais.
 
Na balconada colocouse un cartel conmemorativo deste día. Escoitamos con atención a presidenta da asociación e a o Sr. Alcalde e o Xerente da Asociación Avelaíña Rafael Álvarez.
 
A continuación dirímonos cara o Auditorio de San Benito, onde o Grupo  Perseide,  deunos un concerto no que participamos cantando e bailando.



 

Foi unha xornada marabillosa, enriquecedora e fantástica na que o pasamos xenial!!!

FOMOS A VER A PELÍCULA: TIARA E O SAPO

Os alumnos de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria fomos ao Centro Cultural invitados pola Concellería de Educación do  Concello, para ver a película "Tiana y el sapo"
 
 
 

 

Unha historia chea de fantasía, ilusión, compañerismo valentía,... que nos mantivo super atentos a todos .
 
 
 

FOMOS AO MUSICAL "O MAGO DE OZ"

 O xoves, tivemos unha saída moi especial! 

Case todos os cursos de primaria fomos a Vigo para ver o musical " O mago de oz". Unha obra baseada no conto de LYman Frank Baum.

Imagen ampliada

A protagonista Dorothy, arrastrada por un tornado chega a un mundo no que se vai atopar cos seus compañeiros de viaxe:  Un espantallo, o home lata e  un león  e a Bruxa Glinda.

É unha historia emotiva, que mantivo viva a ilusión, o entusiasmo e sobre todo a atención dos nenos así como a mensaxe que nos transmitiu: confianza en un mesmo.

Encantounos a posta es escena!!!

Para rematar, a Samil fomos merendar!!!

Plantación no Tegra

Invitados pola Comunidade de Montes de Camposancos, os nenos e nenas do cole subiron ao Monte Tegra, concretamente á zona do Campo de Chans para plantar árbores autóctonas.

A primeira hora da mañá, recibiron unha pequena charla por parte dun membro da Comunidade que lles amosou mediante uns vídeos o que ían facer e como facelo.

Inmediatamente despois comezaron a  subida, o frío era moito, pero as ganas de plantar eran tantassss.

Xa na zona, fixéronse grupos de catro alumnos, maiores con pequerrechos e...  cada grupo recibía as súas árbores e... a plantar!

Despois de plantar máis de cen árbores: nogueiras, castiñeiros, cerdeiras, sobreiras e carballos, os rapaces puxéronlles os seus nomes nas estacas que as van guiar.

E para rematar:  un zume e unha chocolatina!

 

Grazas á Comunidade de Montes por esta xenial experiencia!

 

 
 
Vídeo 


Visitamos as instalacións do Real Club Celta

Os alumnos de 3º, 4º, 5º, e 6º de primaria visitamos as instalacións do Real Club Celta .

O primeiro lugar que visitamos foi o museo. Alí explicáronnos  a orixe do club, ensináronnos os trofeos acadados, as camisetas que se foron usando ao longo da  historia do club, e curiosidades.

Tamén visitamos as zonas comúns e .... O Terreo de xogo!

 

Foi unha visita que nos esqueceremos!!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut