Skip to Content

MAGOSTO CURSO 10-11

Versión para imprimir

Xa celebrámolo magosto!

Durante toda a semana, nas aulas, estivemos traballando sobre diversos aspectos do magosto. Cantigas, refráns, tipos de castañas... Tamén se compuxo unha canción na que coloborou todo o centro.

O día 11 de novembro,  tiñamos organizado subir ó Montiño, pero pola amenaza de choiva, tivemos que quedar no centro.

Inicamos a celebración cos tradicionais xogos populares: sillas,  come castañas, circuítos, pañuelo, tirar da corda... e  estreamos o paracaídas.

Cando as castañas estaban asadas , xuntamosnos todos e cantamos a canción, e... a comelas quentiñas. Que boas estaban!.

Canción

Castañas, castañas,
todos ímos asar,
subimos ó Montiño
que rico é o manxar( 2 bis)
Castañas, castañas,
todos imos comer

Que ricas son as castañas( bis)
cocidiñas ou asadas,
pero as mellores de todas
sonche as... que están peladas

CAstañas, castañas...


Os nenos de 3 anos
queremos xantar castañas asadas
e tamén xogar
os nenos nenos de 3 anos queremos... xantar


Castañas, castañas....

Hoxe ímos o MOntiño
celenbramos o magosto
os nenos van preparados
para xogar cos compañeiros

Castañas, castañas...

A castaña no ourizo
non se lle pode comere
que se non vaiche doere

Castañas, castañas...

Cando chove en novembro
que magoa que o magosto
non sexa no mes de agosto

Castañas, castañas...


As castañas son manxares
ricas no mes de novembro
ten coidado co ourizo
non te pinches o dediño

Castañas, castañas...

Aquí estamos os de quinto
preparados para comer
as castañas asadas
que saben requeteben

Castañas, castañas...

Aquí está o 6ªA
preparados para a festa
comeremos as castañas
tocando a pandeireta

Castañas, castañas...


Nos cantamos e bailamos
a castaña disfrazamos
Anastasia e os do curso 6ºB
así bailamos

 



page | by Dr. Radut