Skip to Content

Magosto

MAGOSTO 2023. CEIP A SANGRIÑA

Cun pouco de retraso polas chuvias das semanas pasadas, organizamos a nosa xornada anual de magosto.

Comezou a mañá cunha rolda de xogos populares previamente preparados no patio.

En E. Primaria, formáronse equipos onde todo o alumnado se mesturou...pequechos e máis maiores compartindo e axudándose.

En E.Infantil, levouse a cabo unha actividade de rastreo buscando castañas, actividade que desfrutaron moitooo.

Despois de tanto xogo, chegou a hora de degustar as castañas...mmmmm riquísimas!!!!

Logo...pintado de caras como ben sendo tradición!!! Que ben o pasaron.

Aquí queda o resumo do noso magosto 2023:

 

 Agradecemento a todo o profesorado, coma sempre implicadxs para que todo saira ben, en especial ó Equipo de actividades extraescolares que organizaron a festiña. 

Agradecemento superespecial ás nosas asadoras...as profes Ana Seves, María Estrada, Marta e María que fixeron un superesforzo coa fogueira e o asado das castañas. 

IMAXES DO MAGOSTO 2021

Nun fermoso día cheo de luz e sol dispuxémonos a celebrar, iso si, cumprindo todos os protocolos, o magosto.

Aquí temos  os profesionais da fogueira e do asado...o profe Gil, a profe Ana sempre disposta a poñer o toque amable nas celebracións,cousa que lle agradecemos e aplaudimos.

Mitchell, o auxiliar de conversa, descubrindo unha cultura diferente á sua...e as castañas claro!!

Os xogos tradicionais que nos tiñan preparados todo un éxito!!! Noraboa ó equipo de Extraescolares. Bo traballo!!

Canto desfrutaron descubrindo novas formas de xogar!!

Ó noso agradecemento especial ós alumnos e alumnas de 6º que se convertiron en axudantes por un día e se encargaron de explicar ós seus compis o funcionamento de cada xogo segundo ían accedendo por grupos burbulla á zona. Lucas, Sokhamay, Anxo, Noemí ,Vera, Gabriel e Lucía foron os seleccionados para esta ocasión. Graciñas!!!! 

As imaxes dino todiño...que ganiñas imos tendo de festa!!!!

Xogar si pero...que fame!!!Como van as castañas??? Mentras se fan, os peques moi atent@s anque de lonxe á fogueira...

E chegou o momento!!!!A comerrrr... sen esquecerse do reciclado.

Estan moi moi boas!!!!

 

Como di o recitado:

Outono bonito

folliñas no chan

castañas asadas

que ricas están!!!!

ACHÉGASE O MAGOSTO

Prezadas familias:

Dende o equipo de extraescolares, comprácenos comunicarvos que o vindeiro venres día 5 de novembro imos celebrar o

e prevese bo tempo!!!!

Como ven sendo habitual, pedimos a vosa colaboración traendo castañas, xa picadas, preparadas para asar, durante o xoves e o venres. Agradecemos  de antemán, a aquelas familias que contribúian (se é posible) cun par de rachas de leña para as brasas.

Para ese día temos organizada unha xornada de XOGOS TRADICIONAIS, cunha pequena representación deles, prestados por Cándido Mascato García, quen está a facer un gran labor de recompilación de xogos tradicionais galegos. Podedes consultar na súa páxina de Facebook...XOGOS POPULARES NO GROVE onde aparece dita recompilación e as instrucións de cada xogo.

          https://www.facebook.com/Xogos-populares-no-Grove-591346021004455/

GRACIÑAS!!!!

SAÍDA AO MONTIÑO DAS NENAS E NENOS DE 4 ANOS!!!

OS NENOS E AS NENAS DE 4 ANOS CELEBRARON A CHEGADA DO OUTONO CA SAÍDA AO MONTIÑO. XOGARON A TIRAR AS FOLLAS, XOGARON COS PAUS E DISFRUTARON DUN DÍA DIFERENTE EN CONTACTO CA NATUREZA E COS TODOS OS COMPAÑEIROS DE CLASE.

UNHA XORNADA ESPECIAL QUE QUEDA REFLEXADA NESTA RESPORTAXE:

 

 

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

ESTE ANO CONMEMORAREMOS O 25 N, O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, TRABALLANDO A CANCIÓN DE ROZALÉN "LA PUERTA VIOLETA", AQUÍ VOS DEIXAMOS A CANCIÓN E A SÚA LETRA:

 

La Puerta Violeta

Una niña triste en el espejo me mira prudente y no quiere hablar
hay un monstruo gris en la cocina
que lo rompe todo
que no para de gritar.

Tengo una mano en el cuello
que con sutileza me impide respirar
una venda me tapa los ojos
puedo oler el miedo y se acerca.

Tengo un nudo en las cuerdas que ensucia mi voz al cantar
tengo una culpa que me aprieta
se posa en mis hombros y me cuesta andar.

Pero dibujé una puerta violeta en la pared
y al entrar me liberé
como se despliega la vela de un barco.
Desperté en un prado verde muy lejos de aquí
corrí, grité, reí
sé lo que no quiero
ahora estoy a salvo.

 

 

 

Celebramos o magosto

Como cada ano por estas datas, celebramos unha das festas que máis nos gustan: O magosto

Mirade que ben o pasamos!

 

MAGOSTO 2017

Un ano maís celebramos esta festa tan popular con xogos, actividades e mooitas, moitas castañas. Convidamos aos nosos amigos de Avelaíña e de San Xerome a pasámolo fenomenal!!

 

 

 

Recursos para traballar o Magosto

04/11/2016 19:38
Europe/Madrid

Estamos en tempo de outono, de comer castañas,  de recoller cogomelos, de pasear polo bosque, de xogar...

Pero é un bo momento para participar nunha festa tradicional destas datas:

O MagostoResultado de imaxes para symbaloo magosto

 

Para que poidades ir traballando un chisco, deixámosvos estes recursos.

Para comezar: Un contiño

 

 

INFÓRMATE

O Magosto

A castiñeiro

Tempo de outono

 

  

Que sabemos dos froitos secos e carnosos?

Clica na imaxe e descobre!

       FROITOS DO  OUTONO FROITOS SECOS FROITOS CARNOSOS

 

Crea

Poemas e adiviñas ( Recanto de Mik)
 
Webquest O Magosto
 
 
 
Colorear                                                            Escribe un conto
 
      
 
 LIM:O Outono
 

RECURSOS PARA O MAGOSTO

BIBLIOPEPIÑO convídanos a botarlle un ollo ao contido relacionado co MAGOSTO que ten disposto para todo o mundo no seu blog, pincha na seguinte imaxe para empezar a desfrutar del.

Magosto 2013

Aquí vos deixo, coma sempre, unha reportaxe do que fixemos este ano no Magosto. Espero que vos guste!!

Clicade no arquivo adxunto e o veredes!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut