Skip to Content

MERENDA COS BOLECHAS NO NADAL

Versión para imprimir

Aquí deixamos unha carta dos Bolechas na que vos convidan a interactuar con eles.Lede con atención o que hai que facer...

Animádesvos???

Ola!

Este Nadal temos moitas boas noticias que contarvos. Ademais da tradicional xira de Nadal, coa que estaremos en oito localidades galegas, este ano verémonos diariamente, de luns a venres, nun programa especial en directo no que poderemos interactuar e pasalo en grande.

 

Desde este luns 20 de decembro e ata o día 7 de xaneiro conectaremos en streaming a través da

 

CANLE OFICIAL DA TELEVISIÓN DE GALICIA EN YOUTUBE

 

para xogar, divertirnos, aprender e celebrar estas festas de Nadal na vosa compaña. E, sempre, en directo.

PODES VER AQUÍ UN AVANCE

 

Braulio, Pili, Loli, Carlos, Sonia, Tatá e Chispa e o resto da parentela Bolechas (a nai, o pai, avós e avoas… e ata Lusco e Fusco) celebrarán este Nadal con todas as familias de Galicia xunto a outras persoas convidadas en cada capítulo que porán música, baile, diversión, maxia e unha chea de sorpresas nesta aventura audiovisual.

 

“Merenda cos Bolechas” emitirase todos os días de luns a venres ás 17.00 horas, agás o día de Noiteboa (24 de decembro) e o de Fin de Ano (31 de decembro) en que a conexión en directo será ás 12.00 h. Durante o programa poderedes falar cos Bolechas, contarlles como estades a pasar o Nadal ou enviar saúdos aos vosos personaxes favoritos a través da canle de Youtube.

 

Esperámosvos a partir deste luns en www.youtube.com/televisiondegalicia

 

Os Bolechas

 



page | by Dr. Radut