Skip to Content

Nadal

VISITAS DO NADAL

Rematou o trimestre...e que mellor maneira de pechalo que vendo a ilusión das nosas nenas e nenos cando recibiron dúas visitas que so aparecen no Nadal...

Chegado dende terras do Caurel apareceu polas aulas ...o APALPADOR!!! que, como sabedes trae castañas para agasallar pero...esqueceunas na súa casa da montaña e como non quixo chegar coas mans baleiras, repartiu...caramelos!!!! Canto lles gustaron...Mirade mirade...

E a visita máis esperada polos máis pequechos esperounos ó lado da árbore...sorpresa!!!! Papá Noel chegou!!! Que alto e que barba tan longa!!!...un a unha foi recibindo ás nenas e nenos que lle pedían cousas e  mirábano con ollos de sorpresa e emoción e ata algo de medo...ah!!! e recolleu as súas cartas...que emoción!!!!

Pois...toca despedirse xa rapazada!!!!

Portádevos moi moi ben. Ata o vindeiro anoooooo HOHOHOHOHOHO

MERENDA COS BOLECHAS NO NADAL

Aquí deixamos unha carta dos Bolechas na que vos convidan a interactuar con eles.Lede con atención o que hai que facer...

Animádesvos???

Ola!

Este Nadal temos moitas boas noticias que contarvos. Ademais da tradicional xira de Nadal, coa que estaremos en oito localidades galegas, este ano verémonos diariamente, de luns a venres, nun programa especial en directo no que poderemos interactuar e pasalo en grande.

 

Desde este luns 20 de decembro e ata o día 7 de xaneiro conectaremos en streaming a través da

 

CANLE OFICIAL DA TELEVISIÓN DE GALICIA EN YOUTUBE

 

para xogar, divertirnos, aprender e celebrar estas festas de Nadal na vosa compaña. E, sempre, en directo.

PODES VER AQUÍ UN AVANCE

 

Braulio, Pili, Loli, Carlos, Sonia, Tatá e Chispa e o resto da parentela Bolechas (a nai, o pai, avós e avoas… e ata Lusco e Fusco) celebrarán este Nadal con todas as familias de Galicia xunto a outras persoas convidadas en cada capítulo que porán música, baile, diversión, maxia e unha chea de sorpresas nesta aventura audiovisual.

 

“Merenda cos Bolechas” emitirase todos os días de luns a venres ás 17.00 horas, agás o día de Noiteboa (24 de decembro) e o de Fin de Ano (31 de decembro) en que a conexión en directo será ás 12.00 h. Durante o programa poderedes falar cos Bolechas, contarlles como estades a pasar o Nadal ou enviar saúdos aos vosos personaxes favoritos a través da canle de Youtube.

 

Esperámosvos a partir deste luns en www.youtube.com/televisiondegalicia

 

Os Bolechas

FELICITACIÓN NADAL 2020!!

Terminamos un ano atípico que marcou un antes e un depois nas nosas vidas; terminamos un ano sen o  festival, que tanto nos facía disfrutar, sen chocolatada, sen bicos, sen apertas... pero, eso sí, sen perder o soriso e a ilusión polo Nadal . Puxémonos todos guapos para despedir este ano cas badaladas e cos lacasitos (mantendo , eso sí, todas as medidas de seguridade) e fixemos unha búsqueda do tesouro na que disfrutamos moito deste último día de curso antes das vacacións de Nadal.

As nenas e os nenas e o claustro deséxanvos Unhas felices festas cheas de paz, ledicia e sobre todo de saúde!!!. Coidádevos moooito e aquí vos deixamos a nosa felicitación navideña, chea dos nosos nenos e nenas vestidos cas súas mellores galas !! 

Esperamos que vos guste:

 

 

 

FELICITACIÓN NADAL

Festival Nadal

Como cada ano, nestas datas celebramos o  festival de Nadal como remate de trimestre.

Toda unha ledicia! 

Que nerviosos estabamos con tanto público!!!

 Infantil de 4 anos

Infantil 3 anos

Infantil 5 anos

1º de primaria

2º de primaria

Coro do cole e 5º de primaria

3º e 4º de primaria

Un festival precioso! 

PROGRAMACIÓN FESTIVAL DE NADAL

FELICITACIÓN DE NADAL

 O claustro de mestres desexámosvos

NADAL NA RÚA

Este ano, para celebrar o Nadal, decidimos saír a cantar polas rúas do pobo.

Foi unha experiencia distinta na que o pasamos ben, compartimos a alegría cos veciños e familiares poloque nos sentimos moi orgullosos.

Aqui vos deixamos unha pequena mostra.

 

FESTIVAL DE NADAL

Este ano o festival de Nadal estivo cheo de sorpresas que foron un deleite para todos. 

Mirade, mirade!







FELICITACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut