Visitas ao colexio
Contacontos Olga Cuervo
Con motivo das actividades de animación á lectura programas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca para este curso. Tivemos a visita da contacontos Olga Cuervo, que através da dramatización, da xesticulación e da modulación vocal deixou aos máis cativos do colexio abraíados cos seus contos e historias.
Foi todo un pracer que estivera no noso colexio!
Xoán Curiel: Estamos no verán!
O músico e compositor Xoán Curiel tocou e cantou algunha das súas cancións do seu disco ESTAMOS NO VERÁN!!! Unha fascinante novela-disco que naceu da colaboración entre a escritora Charo Pita e o músico Xoán Curiel.
CHARLA ANFIBIOS
Dar grazas a Miguel, experto en anfibios e tamén mestre, por acercarse ao noso Centro e darlle unhas charla @s nen@s de 3º, 4º, 5º e 6º de EP sobre os anfibios. Coñecendo un poco máis sobre estes seres vivos e poidendo ver e gozar das fotos que lles fai el cando sae a observar a natureza.