Xoán Curiel: Estamos no verán!

O músico e compositor Xoán Curiel tocou e cantou algunha das súas cancións do seu disco ESTAMOS NO VERÁN!!! Unha fascinante novela-disco que naceu da colaboración entre a escritora Charo Pita e o músico Xoán Curiel.
Contounos a historia dun grupo de amigos xusto cando o verán comeza. O seu máis grande soño: ter un grupo de música, e como chegar a esa meta non fora moi doado. Implicou a todo o colexio ( grandes e pequenos) nesta aventura musical a través de diversos sons e ritmos como o rock, blues, funky,...
Co seu carisma púxonos en pé a todas/os, poidendo bailar en directo e cantar as súas cancións. Todo un pracer para os nosos ouvidos!

https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2019/01/26/escolares-ceip-ardan-cantan-bailan/2039934.html

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930