Deportes

Actividade de Promoción XOGADE de Billar no clube de billar Adai

xogade_billar_adai_CEIP_Antonio_Insua_Bermúdez_deportes_23_24_pvda

CAMPO A TRAVÉS PREPARATORIA E CLASIFICATORIA XOGADE 23-24

CAMPO-TRAVÉS-XOGADE_INSUA_BERMUDEZ_PVAD_23-24

RESULTADOS DA XORNADA POR CATEGORÍAS E SEXO.

BENXAMÍN FEMININO                                     BENXAMÍN MASCULINO

ALEVÍN FEMININO                                          ALEVÍN  MASCULINO

INFANTIL FEMININO                                       INFANTIL MASCULINO

 

 

1ª PROBA PREPARATORIA XOGADE CROSS ZONA DA TERRA CHÁ ( ESTADIO DA MADALENA) 16 NOVEMBRO DE 2023 

EQUIPACIÓN

PARA CORRER: Pantalón curto ou mallas ou leguins, camiseta manga curta ou longa, zapatillas de correr., Chandal por riba para poñer antes e despois da carreira.

DESPOIS DE CORRER: Traer nunha mochila roupa para cambiarse: bolsa plástico para roupa mollada, calcetíns e zapatillas novas, secas, roupa interior (calzoncillos ou braguiñas novas, camiseta seca, toalliña pequena por se teñen que secar ou limpar algo. Merenda pequeniña, vanlles dar auga e unha peza de froita. Haberá vestiarios separados. 

SAÍDA DO CENTRO EN BUS:

Faremos saída escalonada desde as 10:00h por sexos e categorías, saíndo primeiro o equipo benxamín feminino, 2º e 3º, logo benxamin masculino, despois Alevín feminino, 4º e 5º, a continuación Alevín masculino e finalmente Infantil.

Volveremos con tempo para a hora da saída e para o comedor.

 

CATEGORÍAS E HORARIO aprox das probas:

  • Benxamín feminina e masculina: persoas nadas nos anos 2015 e 2016  =>11:00 h
  •  Alevín feminina, masculina: persoas nadas nos anos 2013 e 2014        =>11:30h
  •  Infantil feminina e masculina: persoas nadas nos anos 2011 e 2012.    =>12:00h
  •  Cadete feminina e masculina: persoas nadas nos anos 2009 e 2010.    =>13:00h

Este horario é aproximado, recomendase estar con tempo antes da proba, a saída farase no campo de herba ao outro lado do estadio. 

 

SISTEMA DE COMPETICIÓN 

Esta modalidade desenvolverase preferentemente en circuítos de campo a través (herba ou terra batida), en horario lectivo ou extraescolar.

 A participación das categorías benxamíns finaliza no Campionato Provincial. 

As categorías alevíns, infantís e cadetes participarán ademais no Campionato Galego organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte. 

Cada centro, club ou entidade deportiva poderá participar na primeira fase co número de equipos que desexe en cada categoría, deberán diferenciarse claramente na súa nomenclatura. 

Para as seguintes fases, as entidades clasificadas poderán formar os equipos seleccionando aos seus atletas.

 Celebraranse fases locais ou comarcais, unha fase intercomarcal (sempre que o servizo provincial así o determine segundo o número de inscritos nesta modalidade), unha fase provincial e unha fase autonómica. 

Cada entidade deberá participar na súa zona correspondente, agás en casos excepcionais nos que a participación sexa tan escasa que, a petición das propias entidades, o Servizo Provincial reorganice as zonas.

 Os Servizos Provinciais poderán optar por organizar un Campionato Provincial só para centros educativos que non clasificará para o Campionato Galego. 

 

INSCRICIÓNS NOS EVENTOS

 

Clica para ver o LISTADO DE PERSOAS INSCRITAS NA PROBA POR CATEGORÍAS SEXOS E CURSOS.

 Nas competicións organizadas polos Servizos Provinciais ou agrupacións deportivas escolares serán estes os que decidan o sistema de inscrición a utilizar. En caso de atopar algunha dificultade para facelo, sempre se poderá realizar a través da folla de inscrición oficial que se facilita coa normativa correspondente a cada proba. 

Para o Campionato Provincial e o Campionato Galego a inscrición realizarase, na medida do posible, na pasarela en liña habilitada para tal efecto na páxina web https://isis.rfea.es/sirfea2/ para o cal as entidades participantes deberán solicitar de xeito previo a competicion@atletismo.gal as claves de acceso en liña.

 A data límite de inscrición dos atletas participantes en cada competición será a fixada polas Agrupacións Deportivas Escolares ou organizadores, e aprobadas polo Servizo Provincial de Deportes correspondente. 

 

DISTANCIAS A PERCORRER 

No caso de agrupar a fase local e zonal, recoméndase facer a distancia inferior ata o mes de decembro e a partir de xaneiro a superior. As distancias aproximadas a percorrer serían as reflectidas na seguinte táboa:

 

COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS

Cada equipo estará formado por seis atletas como máximo. 

Non se poderá completar un equipo con atletas de categorías inferiores. 

Cada atleta soamente poderá participar na proba de campo a través coa entidade coa que estea dado de alta na modalidade de campo a través no programa Xogade. 

 

CLASIFICACIÓNS

 Estableceranse dúas clasificacións:

                Individual. Segundo a orde de entrada na meta.

                Por equipos. Os equipos estarán formados por 6 persoas como máximo. 

Puntuarán as catro mellor clasificadas nas categorías benxamíns, alevíns e infantís e, nas categorías cadetes, as tres mellor clasificadas. A puntuación dos equipos resultará da suma dos puntos obtidos polas 4 (3 en cadetes) mellores clasificacións de cada equipo, e gañará o equipo que menos puntos sume. Os puntos corresponderán co número de orde de entrada en meta. No caso de producirse un empate entre 2 ou máis equipos, resolverase a favor do equipo que obtivese a mellor clasificación na última participación que puntúe. Aqueles equipos que non cheguen á meta con 4, ou en cadete 3, atletas non puntuarán como equipo.

 Cada comité provincial organizará, nas distintas comarcas ou zonas, as probas previas necesarias en cada caso para obter as clasificacións que competirán no campionato provincial.

 Os membros de cada equipo en cada unha das fases para as que se clasifiquen non terán que ser necesariamente os mesmos.

 Na fase provincial poderanse realizar 2 cambios na composición dos equipos no mesmo día da competición, comunicándoo previamente na Secretaría da proba.

 Para o Campionato Provincial, que será clasificatorio para o Campionato Galego, clasificaranse os 2 mellores equipos de cada fase zonal (intercomarcal), así coma os 10 primeiros atletas clasificados de xeito individual que non estean incluídos nos equipos clasificados, sempre e cando entren na meta entre os 15 primeiros.

 Para o Campionato Galego (alevín, infantil e cadete) clasificaranse os 2 mellores equipos de cada fase provincial, así coma os 10 primeiros atletas clasificados individualmente que non estivesen incluídos nos equipos clasificados, sempre e cando entrasen na meta entre os 15 primeiros.

 En casos excepcionais, ou por interese da selección galega, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá autorizar a participación de atletas a título individual que non participasen no campionato provincial, ou nunha fase comarcal. 

 

DATAS PROBAS DE CAMPO A TRAVÉS LUGO-CENTRO

Si non se produce ningunha novidade ás datas das probas a celebrar en Lugo serán ás segunites:

- Preparatoria 16 novembro, Vilalba na Madalena. Establecerase únicamente unha clasificación individual. Faranse os equipos segundo orde de chegada para o Clasificatorio.

- Clasificatoria 2 de decembro, Vilalba na Madalena. Clasificación individual e por equipos para acceder ao provincial.

- Provincial 17 de decembro, Cangas de Foz. Clasificación individual e por equipos para accder ao galego

- Galego 14-01-2024

 

 

SEGURO

 Toda a documentación referente á cobertura do seguro está dispoñible na páxina www.xogade.xunta.gal e https://inscricion-xogade.xunta.gal.

 Nesta páxina o acceso ao protocolo de actuación e á póliza do seguro é aberto.

 Lembren que todo o corpo técnico, deportistas e familiares deben coñecer o protocolo de actuación do seguro de accidente deportivo. 

 

OUTRAS NORMAS 

Todos os aspectos non recollidos nestas normas serán regulados pola organización do evento en coordinación co Servizo Provincial correspondente. 

 

 

 

 

 

 CLICA EN DAXUNTOS PARA VER DOCUMENTOS ANEXOS: RESULTADOS, NOTAS, LISTADOS...

 

ALUMNADO DE 5º PRIMARIA fai BAUTISMO ESPELEOLOXÍA NA COVA DO REI CINTOLO o 24 e 25 outubro 2023

NOTA_ESPELEOLOXIA_INSUA-BERMUDEZ_REI_CINTOLO_MONDOÑEDO_VILALBA_PVAD_PROXECTA_DEPORTE_ESCOLAR_INSUA_BERMUDEZ

Autorización XOGADE 

Autorización Saída Complementaria ESPELEOLOXÍA.

As autorizacións XOGADE xa foi entregada ás familias a principio de curso.

A Autorización de saída Complementaria enviaráselles en formato físico (papel) aos nenos. e entregarçaselle á titora, sen este documento non se poderá asistir.

BAUTISMO ESCALADA ALUMNADO 6º INSUA BERMÚDEZ EN ROCOLUGO (Venres 22 de setembro de 2023)

Nota web Insua Bermudez PVAD XOGADE  ESCALADA 2023

O papel da autorización repártese nabaula o mércores pola mañá e deberá vir asinado e entregado á titora o xoves. En caso de extravío ou urgencia dispoñedes dos documentos abaixo para descargar. 

Lembrade que anteriormente debéchedes entregar á titora o documento de Autorización en Xogade. 

 

Descargar AUTORIZACIÓN PARTICIPACIÓN XOGADE/PVAD 23-24 INSUA BERMÚDEZ

Descargar AUTORIZACIÓN SAÍDA BAUTISMO ESCALADA ROCÓDROMO 22 SETEMBRO 2023 alumnado 6º Insua Brmúdez. 

EQUIPACIÓN ACTIVIDADES DEPORTIVAS CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ 23-24

Nota Web Equipación CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ VILALBA curso 2023_24 CUSTOMIZE

ANDAINA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA CAMIÑO DE SANTIAGO

Animación Gif Andaina Solidaria a Favor  colaboración contra a Leucemia Infantil

Estimadas familias o próximo mércores 14 de xuño do 23 o CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba realizará a tradicional Andaina do Camiño de Santiago entre os puntos de Rañego ata a Área Recreativa da Madalena.

Aproveitando esta tradición faremos que coincida coa actividade Andaina Solidaria contra a Leucemia Infantil. Os nenos levarán para a súa casa unha folla con información e un recortable de sobre para facer una pequeña donación a prol desta causa sempre que se desexe ou se poida. Esta asociación busca recaudación de fondos para investigación en favor da Leucemia Infantil e desde o centro pareceunos unha fermosa causa coa que colaborar.

Tódolos nenos que realicen a Andaina Solidaria recibirán de premio unha medalla elaborada cunha impresora 3D polo equipo de EF/TICS do centro, sufragado polo centro, tamén se lles fará entrega dun diploma acreditativo da súa participación. Nas súas mochilas mandouselles un folleto informativo con código QR para que poidades ter máis detalles sobre a mesma, esta folla convírtese nun sobre recortable para que poidades facer entrega da vosa colaboración totalmente voluntaria sempre que así o desexedes ou poidades e entregádelle o sobre pechado ao titor ou titora do grupo clase. Posteriormente farase a transferencia bancaria á entidade organizativa.

O día da Andaina lembrade levar:

  • Roupa e zapato cómodo.
  • Crema solar  posta desde a casa.
  • Mochila pequena coa merenda e a auga.
  • As gorras ponas o cole.

Se a alguén lle falta a autorización asinada que se lembre de traela, do contrario non poderá saír do centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración desinteresada e altruísta.

Dorsal e Diploma da Andaina Solidaria contra a Leucemia Infantil

Campionato Provincial Xogade 21_05_23

 

 

XORNADA  DE MAÑÁ  COMPETICIÓNS  BENXAMÍN E ALEVÍN 

10:30.-  Pelota Alevín Masculino : Hugo Río  orde1º, Hugo Díaz Insua orde 2º

 

11:20.- Peso Benx Masc Lucas Otero Castelo orde 1º

 

11:40.- Semifinal 60 ml : Joel Vazquez Martínez  (2ª serie e  rúa 5)

 

12:15.- Final 60 ml: Joel Vázquez Martínez (Clicar para ver rúa e resultados)

 

12:55.-  400 ml Benx Masc  Andrés Castelo Rodrigues (Rúa 1)

 

13:15.- 500ml Alevín Masc: Fran Miragaya  (Rúa 1 )    Mateo Cupeiro (Rúa 2 )

 

 

XORNADA  DE TARDE  COMPETICIÓNS  INFANTIL

 

17:20.- Semifinal 80 ml  Mikel Vázquez Martínez ( Serie 1 e rúa 4)

 

18:20.- Final 80 ml  Mikel Vázquez Martínez  ¿?

 

19:00.- Xavelina Inf Masc : Mikel Vázquez Martínez (orde 1)

 

 

 

Enlace FGA Listado por Probas, Series de saída e Resultados 

 

 

CLASIFICADOS ATLETISMO XOGADE 2023 Campionato Provincial domingo 21 de maio en Lugo

Achego ranking das probas clasificatorias do atletismo pista do programa Xogade.

 

Datos a considerar:

.- Señalados en amarelo estarían incluidos os atletas clasificados para o provincial, 16 en algunhas probas, e máis de 16 en outras por igualdade de marcas.

.- Mención aparte serían os clasificados nas probas de velocidade, 50ml, 60ml e 80ml, que tal e como xa señalamos anteriormente e debido ao fallo da fotofinish, clasificarían os 32 primeiros.Nestas probas de velocidade non haberá repescados, e en función das inscricións se decidirá o xeito de clasificación para a final.

.- A proba de 80m valados será de inscrición libre, polo problema señalado anteriormente coa fotofinish, e a falta da medición do vento na 1ª clasificatoria de 80 mv.

. - Non se inclúe o ranking das remudas infantís (4x80 ) porque faltaba por meter unha das probas, en canto a teñamos pasarémosvolas. De tódolos xeitos pasarán os 8 mellores tempos, e un só equipo por entidade.

.- No ranking benxamín masculino e feminino, a partir de unha determinada marca pode que non se corresponda a orde coas marcas, pero iso pasa cando a marca xa non é relevante, e non afecta a unha posible repesca. Isto é asi porque tivemos que facer o ranking de xeito manual, i era unha forma de aforrar traballo e avanzar.

.- Mirade os vosos atletas clasificados, e o xoves 11 de maiodo 23 debedes dicirme os atletas que renuncian as probas nas que están clasificados ,para así o luns poder repescar a algunhos atletas nas vacantes que quedaron, e facer así a inscrición definitiva.

.- Recordade que cada atleta , caso de estar clasificado, só pode facer 2 probas, e éstas serán 1 concurso e 1 carreira , nunca 2 concursos ou 2 carreiras.

O atleta mal inscrito será eliminado.

 

Clica abaixo á dereita en ADXUNTOS para descargar o listado da túa categoría.

XIII CARREIRA LETRAS GALEGAS 2023 VILALBA

Cartaz Carreira Letas Galegas 19 maio 23 Vilalba

O próximo 19 de maio do 2023 o alumnado dos centros da vila de Vilalba celebrará unha carreira mixta de carácter participativo no estadio deportivo da Madalena. Todo o alumnado está inscrito á espera da entrega asinada desta Autorización de Saída Complementaria. Haberá medallas para tódalas persoas participantes. O alumnado que non participe ten a obriga legal de vir ao centro ao ser día lectivo e quedará con mestres para traballar.

 

A actividade é gratuíta e dirixida a todo o alumnado. O mesmo trasladarase en buses desde os centros ata a Madalena. As categorías da proba segundo o ano de nacemento son: chupete, 2019-2018; pitufos, 2017; prebenxamíns, 2016-2015; benxamín, 2014-2013; alevín, 2012-2011; infantil, 20010-2009; e cadete, 2008-2007.

 Plano Carreira Participativa Letras Galegas 2023 Vilalba

 

 

Clasificatoria ATLETISMO Xornada B DOMINGO 7 MAIO 2023 no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo

Hoxe luns 1 de maio ( pola tarde) e mañá 2 de maio, (pola mañá), poderán facer a inscrición tódolas persoas interesadas en participar na derradeira xornada clasificatoria de Atletismo mandando whastaap ao profe Suso teléfono 616501003.

Probas da Xornada B. Pódese elixir unha carreira e un concurso. Non se poden dúas carreiras nin dous lanzamentos, salvo os relevos que sí se podería.

PROBAS POR CATEGORÍAS da XORNADA B: 

- BENXAMÍN (2º e 3º Primaria): 400 ml e Lanzamento de Pelota

- ALEVÍN (4º e 5º Primaria): 500 ml , 1.000 m marcha, Lanzamento de Pelota

- INFANTIL:(6º e 1º ESO): 2.000 marcha, Peso,  Relevos 4x80 mixto

Indicando:

      Nome e Apelidos- Data de Nacemento - Unha carreira e ou un concurso no que queira inscribirse.

Enlace da web do cole con información actualizable do evento : http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantonioinsua/node/996

 

LUGAR DA PROBA : Estadio Atletetismo Gregorio Pérez Rivera de Atletismo (Lugo)

INSCRICIÓN: Luns tarde e Martes mañá no whastapp 616501003 do profe Suso

PROBAS POR CATEGORÍAS da XORNADA B: 

BENXAMÍN: 400 ml e Lanzamento de Pelota

ALEVÍN: 500 ml , 1.000 m marcha, Pelota

INFANTIL: 2.000 marcha, Peso,  Relevos 4x80 mixto

 

HORARIO E LIGAZÓN CO HORARIO ACTUALIZADO DA Federación Galega de Atetismo.

 https://atletismo.gal/competicions/xogade-atletismo-pista-4a-xornada-lugo-2023/ LEMBRADE COMPROBAR O DÍA ANTES POLA NOITE SE ACTUALIZARON O HORARIO e a quenda da nosa serie nas probas que concursamos.

http://ranking.atletismo.gal/online/2023/LUGO/Xogade7mayo/index.html

Horarioa Xoves da xornada AtletismoXOGADE07_05_23

INSCRITOS (ACTUALIZABLE ATA a mañá do  MARTES 2 de maio do 23)

InscriciónInsuaBermudezAtletismo xogade 4ta_xornada07-05_23

BENXAMÍN

- Luz Castelo Rodrigues 14/07/15  400ml

400 ml

Pelota

- Lucas Otero Castelo  08/06/2015 400ml, pelota

- Andrés Castelo Rodríges  01/04/14  400ml

- Martín Rochela Eimil 01/02/14  Pelota

ALEVÍN

 Hugo Díaz Insua 11/08/12 Pelota

 

INFANTIL

 Icía Vilas Castro 19/08/11 2000 marcha

Distribuir contido