Deportes

PROBA CLASIFICATORIA DUATLÓN XOGADE EN LUGO; SÁBADO 7 MARZO

CLASIFICATORIO DUATLÓN ESCOLAR LUGO (PASEO RIO RATO)

SÁBADO 7 MARZO 2020 Restaurante TERRAS DO MIÑO.

(Ata o martes 03 para comunicar inscrición)

DUATLON Lugo Clasificatoria San Ramon Vilalba Insua Bermúdez Proxecta 2019-20 edlg

Clica para ver a  Galeria de imaxes do evento

DUATLÓN SAN RAMON VILALBA CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ VILALBA LUGO 2020DUATLÓN SAN RAMON VILALBA CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ VILALBA LUGO 2020

SAÍDA do BUS: CONFIMADO. Chega ao CAMPO da FEIRA ás 9:15 para subir bicis al maletero. Sae dirección Lugo ás 9:25.  Chegade con puntualidade, non espera.

 Lugar da competición: no paseo do Rato, á altura do restaurante Terras do Miño. En transporte particular ide con tempo porque 1h antesda 1ª carreira, ás 10:00h. péchase o tráfico pola Policía Local.

 Verificación de material: 10min antes da cada proba os xuíces verifican a bicicleta e o casco obrigatorio no aparcamento de bicis       ( verifican estado do debuxo das rodas, os freos e o casco posto, que non se mova).No manillar miran que os extremos estean pechados. Recoméndase bicicleta de marchas.

HORARIOS DA CARREIRA:

  • Recollida Dorsais: 10:10h ata 10´antes de cada proba. Verificación de material 10´antes de cada proba.
  • Saída categoría benxamín ás 11:00h. Alumnado de 3º e 4º primaria. Distancias Categoría benxamín: 0,5 Km de carreira a pé – 2 Km en bicicleta – 0,250 Km de carreira a pé. 
  • Saída categoría alevín ás 11:20h. Alumnado de 5º e 6º. Distancias Categoría alevín: 1 km de carreira a pé – 4 km en bicicleta – 0,5 km de carreira a pé.
  • Saída categoría infantil ás 11:50h. Alumnado de 1º e 2º da ESO. Distancias Infantil: 1.5 km de carreira a pé – 6 km en bicicleta – 0.750 km de carreira a pé.
  • Saída categoría cadete ás 12:30h. Distancias Categoría cadete: 2 km de carreira a pé – 8 km en bicicleta – 1 km de carreira a pé Participantes:
  • Hora de remate das probas ás 13:30 h, e apertura ao tráfico rodado.
  • Entrega de trofeos individuais: 13:30h

 

Material Necesario:IMPRESCINDIBLE BICI con marchas e CASCO.

Recollida de dorsais: na carpa de organización, nas inmediacións da transición, zona do restaurante Terras do Miño, desde 03:15 h pm (45´ antes do comezo) de cada proba ata 10´ antes da saída. Os dorsais recíclanse, é preciso devolvelos para tomar a auga e a froita que nos agasalla a organización.

 

Premios: medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría  e clasificación para o Campionato Provincial por chegar á meta.

 

Inscrición: Alumnado do cole Confirmar asistencia e inscrición a 616501003 como máximo o martes 3 marzo, ás 22:00pm. Deportistas do Clube  falade con Javi. Despois do martes non se admiten inscricións.

Precisamos Nome Apelidos, Data de Nacemento e DNI.

Apuntarse é libre, voluntario e unha responsabilidade.  Aqueles que se inscriban e non acudan obrigan ao clube a pagar unha multa por non asistencia, igual que se non sube ao podium, multa de 25 a 50 euros, que se lle pasará ao que non asista.

 

Sobra dicir que se esixe bo comportamento no transporte e durante a proba, reservamos o dereito de non inscribir ao que non garde as normas de conduta e respecto.

 GRAZAS E ANIMÁDEVOS


XOGADE invita a alumnado de 6º do INSUA BERMÚDEZ a ESCALAR

 

XOGADE-PROXECTO-DEPORTIVO-CENTRO-INSUA-BERMUDEZ-VILALBA

O xoves 20 de febreiro de 2020 uns 30 discentes do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba foron invitados por Deportes de Lugo a visitarmos as instalacións do maior ocódromo indoor de España e un dos mellores de Europa. Nesta viaxe compartimos transporte co IES de Pastoriza. Agradecemos a Deportes o agasallo do transporte, entradas e aluguer de arneses pola nosa implicación e a participación masiva do alumnado en Campo a Través e en Atletismo, ano tras ano.

Se alguén que probar esta experiencia contactade coa empresa que o leva, unha visita  vai entre 6-8 euros dependendo de se é neno ou adulto e despois hai que alugar un arnés , sobre 4 euros. A experiencia paga a pena.

Deixámosvos acceso ás imaxes do evento clicando na cámara fotográfica.

 

 INSUA BERMUDEZ_Rocódromo_PazoFeirasExposicionsLugo20-02-2020

O INSUA BERMÚDEZ no CAMPIONATO PROVINCIAL de CAMPO TRAVÉS XOGADE o 2 de FEBREIRO de 2020 NA MADALENA (Vilalba)

PROBA CLASIFICATORIA ZONAL CAMPO TRAVÉS 2020 INSUA BERMÚDEZ

PROBA PREPARATORIA ZONAL CAMPO TRAVÉS 2020 INSUA BERMÚDEZ

Montaje creado Bloggif

 

Montaje creado Bloggif

CLICA para DESCARGAR as IMAXES

Clica para acceder á galería de imaxes e descargar as que queiras

RESULTADOS PROBA PREPARATORIA CAMPO A TRAVÉS 

(CLICA NAS CATEGORÍAS DE ABAIXO PARA VER A CLASIFICACIÓN)

BENXAMÍN FEMININO - BENXAMÍN MASCULINO

ALEVÍN FEMININO - ALEVÍN MASCULINO ALEVIN MASCULINO PAX 2

INFANTIL FEMININO - INFANTIL MASCULINO

CADETE FEMININO - CADETE MASCULINO

CONFIGURARANSE OS EQUIPOS ATA O LUNS 20 DE XANEIRO. DEBERASE CONFIRMAR SE SE ASISTE O SÁBADO 25 OU SE CEDE O SEU POSTO AO SEGUINTE NA CLASIFICACIÓN.

O QUE SE APUNTA DEBE ASUMIR O COMPROMISO DE CUMPRIR CO EQUIPO NO QUE IRÁ.  

 

/centros/ceipantonioinsua/system/files/u28/CAMPO-TRAVES-INSUA-BERMUDEZ-2020-PROXECTA-DEPORTIVO-CENTRO

AutorizacionWebNotaPreparat16xanDeporteEscolar

COMEZA O CAMPO A TRAVÉS: PROBA EN HORARIO LECTIVO O XOVES 19 DE DECEMBRO NA MAGDALENA (VILALBA)

 

 

Cartaz2019InsuaBermúdezCampoTravésPlan Proxecta Xogade Normalizacion

NOTA WEB INSUA BERMUDEZ PREPARATORIA XOGADE CAMPO TRAVÉS

SEMANA EUROPEA DO DEPORTE #ESSD2019 CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

#ESSD2019 #INSUABERMUDEZ#BeActive #somosactivos #Galiciasaudable

CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA

SEMANA EUROPEA DO DEPORTE 20-30SETEMBRO

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR (#ESSD2019)

 

Dende o Equipo de Educación Física do noso centro, en colaboración coa comunidade educativa: claustro, ANPA, clubes deportivos  locais colaboradores e as Administración educativas organizamos no noso centro as seguintes actividades para promocionar a Semana Europea do Deporte e o Día Europeo do Deporte Escolar dende este evento que se compromete dende hai anos na promoción de estilos de vida saudables.  

OBRADOIRO DE LOITA OLÍMPICA Colaboramos co Clube Loita Olímpica de Vilalba que nos ofrecerá de 1º a 6º de primaria dúas xornadas en horario lectivo de achegamento e promoción deste deporte minoritario de gran Tradición e altísimo nivel na nosa vila. Material: Tatami Lugar: Horario Lectivo no Pavillón Polideportivo, entrenadores do clube.

OBRADORIO DE TENIS DE MESA. Colaboramos co Clube de Tenis de Mesa de Vilalba que nos ofrecerá de 1º a 6º de Primaria dúas  xornadas de achegamento, promoción e iniciación ao Tenis de Mesa en horario lectivo de E.F. Material: Mesas de Tenis de Mesa, Globos, 30 raquetas, pelotas e Entrenadores do Clube.

ESTACIÓN MOVEMENTO: Nenas e Nenos de Movemento dirixen tódolos recreos da semana unha estación aeróbica de Movemento. Coreografías sinxelas con música moderna cadrada. Contamos con numerosas bailarinas e bailaríns que compiten no Nacional e no Mundial de World Dance Cup nos últimos anos. Altofalante de 500w e pincho con música aeróbica. Lugar: Metade Pista de Baloncesto.

ESTACIÓN DAFIS: Aproveitando que dispoñemos do caixón DAFIS, varios alumnos de sexto curso con experiencia nos protocolos e supervisados polos Mestres especialistas ofrecerán a posibilidade de avaliar diferentes parámetros da Condición Física Saudable. Material: Caixón DAFIS. Lugar: Patio Cuberto de Entrada.

Estación BÁDMINTON: Nunha metade da pista exterior de Baloncesto colocaremos varias redes de bádminton, raquetas adaptadas e volantes de nylon ara promocionar este deporte minoritario. Material: Postes e redes de Bádminton, conos sinalizar campos, raquetas curtas de iniciación e volantes de nylon. Lugar: Outra metade Pista Baloncesto.

Estación de RUGBY CINTA ou FLAG RUGBY:  Aproveitando unha metade do campo exterior de Fútbol Sala. Xogaremos cos balóns de rugby ao XOGO dos 10 pases coas cintas de Velcro. Contaremos co asesoramento do seleccionador galego, pai dun alumno do centro. Material: Fitas de Velcro, pelotas de rugby, conos  de cores, petos. Lugar: Metade Pista Fútbol Sala.

Estación de TENIS DE MESA: Na aula de Psicomotricidade teremos toda a semana por quendas diferentes Xogos de iniciación ao Tenis de Mesa coordinados polo Clube Local Tenis de Mesa Vilalba. Material: 2 Mesas de Tenis de Mesa, Raquetas antivandálicas e pelotas de  tenis de mesa.

Estación de ATLETISMO: Na zona de herba do patio exterior, teremos toda a semana unha estación de lanzamentos de xavelina de gomaescuma, de peso, martelo adaptado e de Disco. Material, Cono Sinalizar sectores de Lanzamento. Bolas de peso interior, xavelinas de gomaescuma e xavelinas de competición, discos de iniciación e pelotas con redes portabalóns para simular martelos.. Lugar: Zona de Lanzamentos de herba xunto ao aparcamento.

Estación de XOGOS POPULARES: No patio de Entrada temos pintados varios xogos tradicionais.

Estación de DATCHBALL: Esta estación con tres pelotas de goma-escuma permite o enfrontamento entre dous equipos que se lanzan as pelotas para eliminarse cando golpea ao contrario e toca o chan. Se se recibe o lanzamento sen que caia ao chan sálvase a un compañeiro. Non se permite lanzar á cabeza. Gana o equipo que quede co último participante. Material: Tres pelotas gomaescuma de Datchball e conos delimitar campos. Lugar: Patio cuberto abaixo.

Estación INFANTIL: No patio de Infantil teremos bicicletas sen pedais, triciclos, tobogáns e  estacións de canasta e porterías. 

 

#BeActive #somosactivos #Galiciasaudable#ESSD2019

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ATLETISMO (domingo 26-05-19 )

O domingo 26 de maio de 2019,  elebrarase o Campionato Provincial de Atletismo escolar Xogade, nas instalacións deportivas do Estadio Gragorio Pérez Rivera. en xornada matinal e de tarde.

Achegamos listados dos clasificados e prégase confirmar asistencia para facer a inscripción e reserva gratuíta para o xantar de mediodía na cafetaría de Veterinaria. antes do mércores á 1 do mediodía.

PRÉGASE QUE FAGADES A CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA  e da COMIDA durante O MARTES a través do whasttapp 616501003.

CartazProvincialEscolarAtletismoInsuaBermudezXogade

CLICA NOS ENLACES DE ABAIXO PARA VER OS LISTADOS DOS CLASIFICADOS, HORARIOS OU INSCRICIÓNS.

- Listado INSCRICIÓNS para PROVINCIAL o Sábado 26 maio de 2019.

- RANKING de BENXAMIN FEMININO.    - RANKING DE BENXAMIN MASCULINO

- RANKING DE ALEVÍN FEMININO       - RANKING DE ALEVÍN MASCULINO

- RANKING DE INFANTIL FEMININO    - RANKING DE INFANTIL MASCULINO

HORARIO DO PROVINCIAL

 

 

 

 

 

 

 

 

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE DUATLÓN

O Venres 17 de maio de 2019, festivo en honor a Antón Fraguas, unha veintena de deportistas xunto con familiares e equipo técnico desprazouse ata Portosín, en Porto do Son, A Coruña para participarmos na fase galega do Duatlón xunto con deportistas e clubes de toda Galiza.

 

ANDAINA CAMIÑO SANTIAGO: PONTE DE SAA - PÍGARA

CARTAZAndainaInsuaBermudezENDL

Distribuir contido