Deportes

EQUIPACIÓN DEPORTIVA INSUA BERMÚDEZ 20-21

CartazEquipacionDeportivaInsuaBermudez20_21

As cores e imaxes non son representación fidedigna da realidade, mellor que te achegues ao local de Customize para comprobar como son de xeito tenxible e como che acaen as prendas. Precios válidos salvo error tipográfico.

Propostas Semanais De Actividades de Corentena

PROPOSTA FINAL DE CURSO:

REPASO TAREFAS CONFINAMENTO EF INSUA BERMÚDEZ. IMAXES DO QUE FALTE

 

Chegamos ao fin de curso 2019-20, as avaliacións comezarán na próxima semana.

Grazas por participar e por seguirdes tódalas recomendacións sanitarias. Parabéns porque o fixéchedes moi ben.

 

TRABALLO FINAL:

REPASADE TÓDALAS ACTIVIDADES PROPOSTAS ATA O DE AGORA, REPETIDE OU REPASADE AS QUE NON VOS DEU TEMPO A FACER BEN, AS QUE VOS GUSTARON MÁIS, AS QUE NON ENVIÁCHEDES IMAXES E MANDADE AS IMAXES QUE NON ENVIÁCHEDES. (Mínimo unha imaxe por actividade)

 

PRECISAMOS UNHA IMAXE PARA AVALIAR QUE SE FIXERON. TODOS AQUELES QUE ENVIÁCHEDES VIDEOS E IMAXES, NON É NECESARIO QUE AS REENVIEDES.

ENVIADE AS IMAXES QUE VOS FALTAN POR WHASTAPP 616501003 ou ao correo electrónico susoefinsuabermudez@gmail.com. 

 

BO VERÁN E MOITA SAÚDE PARA TODOS/AS Guiño

 

PROPOSTAS DE ACTIVIDADE FÍSICA DO 25 DE MAIO AO 8 DE XUÑO: TRAÉMOSVOS XGOS POPULARES E INVESTIGACIÓN DE XOGOS POPULARES DOS VOSOS MAIORES. Mandade varias imaxes para a Avaliación. 

Baseandonos nunha proposta dos nosos veciños de XOTRAMU, traémosvos unha escolma de xogos de fácil construción para que o pasedes ben estes días. 

Descargade a ficha de Xogos Populares e os Xogos, practicade os que máis vos gusten e facede fotografías para enviar de cara a avaliación. Agardamos que vos gusten. 

Lembrade seguir facendo actividade física, respectando tódalas recomendacións sanitarias. Aproveitade para pasear en familia, dar paseos en bicileta e tódalas actividades que se poden disfrutar na nova fase de desescalada. Moita saúde para tódalas familias.

 XogosTradicionaisXOTRAMU

 

Descarga o libriño Xogos Tradicionais

Descarga a Ficha de Xogos Tradicionais

para enviar coa túa investigación

 

PROPOSTAS DA SEMANA 11 a 25 DE MAIO- : TRAÉMOSVOS: SAÍDAS LIBRES  E ALGO de deportes: FÚTBOL E BALONCESTO

Tratade de facer uso das pelotas de fútbol e baloncesto de xeito individual, non compartades con outros amigos.

Aproveitade para saír da casa e paseade, saltade, correde, facede marcha atlética, andade en bici que levamos moito tempo na casa.

Se algún día chove achégovos estes dous  videos de fútbol (regates) e baloncesto (bote) a partires do minuto 17, diferentes modelos de regate, coordinación cunha pelota. animádevos e tentade aprender cinco diferentes, os que máis vos gusten de cada deporte, se alguén se atreve con máis xenial.

clica na imaxe ou no enlace.

 VIDEO CURSO DE FÚTBOL PLAN MARCET- REGATE- DOMINA CINCO DIFERENTES DE TÓDOLOS PROPOSTOS.

VIDEO BETTER BASKETBALL - O BOTE VARIAS CENTENAS DE TIPOS DIFERENTES DE BOTE, DOMINA CINCO DIFERENTES. CLICA NA IMAXE.

 tipos de bote

 

PROPOSTAS DA SEMANA DO 4 DE MAIO: TRAÉMOSVOS UNHA PROGRESIÓN AO EQUILIBRIO INVERTIDO EN DOUS APOIOS E UN RETO DE FOITA PARA TODA A FAMILIA, PARA GRANDES E PEQUENOS.

 

VELAÍ TEDES ALGÚNS EXEMPLOS DE FROITA DIVERTIDA PARA COCIÑAR E PARA DISFRUTAR DA COMIDA SAUDABLE, O NOSO RETO DE MASTERCHEF SEREMOS UNS CRACKS!!!!!

Mandade as vosas creacións a susoefinsua@gmail.com

RETO FROITA DIVERTIDA INSUA BERMUDEZ

 

 

PROPOSTAS DA SEMANA DO 27 DE MAIO: TRAÉMOSVOS DÚAS PROPOSTAS DE MÓVETE CON NÓS NA CASA E UNHA DE HABILIDADES XIMNÁSTICAS XA TRABALLADA NA CLASE.

 

 

ESTE SERÁ O RETO XIMNÁSTICO. Deixovos una progresión ao Equilibrio Invertido en tres apoios, ficha explicativa con debuxos e videos axplicativos demostrativos. Agardamos que vos guste.

Equilibrio invertido 3 apoios

 

Clica para descargar a Ficha explicativa 

 

 

Atopamos esta propostas: a primeira para alumnado e familia, creada por  Pencho Chopen  e recomendada por Sebastiani Obrador. A segunda, dirixida aos papás atletas que non poden saír correr, elaborada polo grande Joan Rius. Ámbolos dous mestrres universitarios, expertos en Educación Física e referentes nacionais e internacionais. Gustáronnos moito e cremos que poden axudar a estar activos esta semana ou calquera :-) variedade para tódolos gustos, posibilidades e niveis. 

Actividades Corentena

 

 

DESAFÍOS desta semana APRENDAMOS o PASO LUAR ;-) (Moonwalker) de Michael Jackson

Esta semana traemos un desafío de aprendizaxe que nos vai encantar. APRENDO A FACER O PASO MÁXICO DE MICHAEL JACKSON, MOONWALKER ou PASO LUAR.

NIVEL BASE (O DESAFÍO PARA TÓDALAS IDADES E NIVEIS)

Tentade facelo moi, moi despaciño primeiro, sen correr.

 

  https://www.youtube.com/watch?v=z4DqECmcHwM

 

Enlace do paso lento e con fluidez. O MoonWalker circular.

https://www.youtube.com/watch?v=5rmb7WhmW30

 

Nivel Pro

https://www.youtube.com/watch?v=fohaRv7B7Gs

MoonWalk circular, aínda máis espectacular, parece moi complicado pero con tres pasos crease unha ilusión óptica alucinante, quen se atreve?

 

 https://www.youtube.com/watch?v=dBW7j55MA5A

ACTIVIDADES PARA DESEÑAR CIRCUITOS PSICOMOTRICES DE COORDINACIÓN DINÁMICA XERAL E ESPECÍFICA

 Ola, saúdos e forza, mándovos tipos de actividades xenéricas e adaptables a tódalas: idades, niveis, condicións e recursos dispoñibles. Coas actividades tipo dos apuntamentos podedes crear circuitos ou deixar que os nenos/as creen as súas clases inventando as propias sesións. 

Actividades Psicomotricidade

 

Descarga Actividade Psicomotricidade Coordinación Xeral Básica Descarga Psicomotricidade

Se queredes e vos apetece podedes enviar imaxes dos circuitos que fixéchedes ao mail

susoefinsuabermudez@gmail.com

XOGOS DE EF FAMILIARES PARA CORENTENA: Trivial EF e OCA

TaboleiroTrivialEFEliasEguibarVictorArufe

 Reglas e Tarxetas Trivial EF       Taboleiro Trial EF       Cartóns do Trivial EF

OCA EF CORENTENA INSUA BERMUDEZ

Descarga Taboleiro Xogo Oca Educacion Fisica Corentena  COVID-19Taboleiro Oca EF

 

Se queredes e vos apetece podedes enviar imaxes dos circuitos que fixéchedes ao mail

susoefinsuabermudez@gmail.com

Malabares Para facer e Practicar na casa

 CONSTRUÍMOS AS NOSAS PELOTAS DE MALABARES (Para tódalas Idades de 3-99 anos) 

Ligazóns de como construir pelotas de malabares con globos recheos de arroz, lentellas, area...

 Ligazóns de como construir pelotas malabares (popóns de lá)

 Se queredes e vos apetece podedes enviar imaxes das vosas creacións ao mail :

susoefinsuabermudez@gmail.com

VIDEOTITORIAIS APRENDIZAXE DE MALABARES CON UNHA. DÚAS E TRES PELOTAS. 

VideoTitorial para Facer malabares con con unha pelota

 

Titorial para facer malabares con dúas pelotas

 

Titorial para facer malabares con Tres pelotas

 

Clica para ver Titorial Avanzado Figuras Malabares con 3 bolas

  Se queredes e vos apetece podedes enviar videos das vosas habilidades ao whastapp 616501003 ao ao mail :

susoefinsuabermudez@gmail.com

COREOGRAFÍAS SINXELAS PARA ESTAR ACTIVOS NESTA CORENTENA

Apuntamentos básicos sobre o Aerobic: Breve historia, Entender a música e pasos básicos. 

Descarga Apuntamentos básicos sobre Aeróbic Apuntamentos Aerobic: historia, entender a música, pasos básicos, facer unha coreografía e progresión didáctica.

A OMS recomenda unha hora diaria de Actividade Física para toda a población e nesta corentena.  O Aerobic parécenos unha estupenda actividade que implica ao Esquema corporal, coñecemento, percepción do corpo e as súas partes, coordinación dinámica xeral, percepción do espazo, do tempo, ritmo, mantemento da condición  física: velocidade, resistencia, flexibilidade, elasticidade, axilidade, expresión corporal... apto para tódolos públicos e idades.

Eliximos unhas coreografías sinxelas, con pasos pouco complicados, ante a dúbida sempre se pode repetir. Acendede a tablet, o ordenador ou a TV intelixente e bailade. Tendes para tódolos gustos e estilos. Agardamos que vos gusten.

 

Quecemento Les Milles Kids Workout 1 Beguinners

Clica para facer quecemento Les Milles Kids workout 1 Beguinners

 

Coreografía Les Milles Welcomo To Bollywood

 Clica para Bailar Coreografía Les Milles Welcome To Bollywood

 

Coreografía Les Milles Feel Alive

 Clica para ver Coreografía Les Milles Feel Alive

Coreografía Les Milles Superheróes.

Coreografía superheroes para tódalas idades

 

Coreografía de Les Milles We´re So Fy

Coreografía Sinxela LES MILLES 1

 

UUDD HABILIDADES BÁSICAS E ESPECÍFICAS ATLETISMO para todo o alumnado(Adaptada de Santi Ferrer).

 

Coreografía para Infantil

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Coreografía para os máis pequerrechos de infantil e primeiro ciclo ;-). Comecemos a semana con for marcha.

 

Coreografía Les Milles de Poppy Trolls

Poppy Trolls Coreo Les Milles Todos PÚblicos

 

 

 

 

 

PROBAS DUATLON ESCOLAR XOGADE

Cartaz SnRamon Vilalba Insua Bermudez edlg proxecta Proxecto deportivo centro 19-20

COMEZA A TEMPORADA DE ATLETISMO AO AIRE LIBRE XOGADE

Cartaz 2020 Atletismo Insua Bermudez Proxecta Deportivo Centro EDLG

Xa chega o Atletismo un ano máis, avisa aos teus mestres de E.F. de que che interesa participar ou ven probar nos recreos as diferentes probas, seguro que che gustará. Temos probas para tódolos gustos. Poden participar totalmente de forma gratuíta dende segundo de PRIMARIA ata a ESO. Temos carreiras de velocidade, medio fondo e fondo, marcha, valados, relevos, lanzamentos curtos e longos, e saltos verticais e horizontais. 

Estas probas serán soamente en horario de mañá, a inscrición deberá realizarse como máis tarde o martes antes da competición e pregamos que soamente se inscriban aqueles que realmente van vir. Cada atleta pode inscribirse en dúas probas sempre que non sexan dúas carreiras de máis de 250m  (2 concursos, unha carreira e un concurso) A maiores sempre se poderán inscribir en relevos se fora o caso. Dase o horario das probas durante a semana previa e débese recoller o dorsal 20 min antes da proba e presentarse na cámara de chamadas 15 min antes da proba. 

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA XORNADA CONVIVENCIA PROMOCIÓN ATLETISMO 5º CURSO 22 de ABRIL DE 2020

PROMOCIÓN DO ATLETISMO EN PISTA NOS CENTROS EDUCATIVOS 2019/2020

O Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia organiza esta actividade destinada ao alumnado dos Centros Educativos participantes no programa XOGADE.

O procedemento desta actividade consiste inicialmente na implementación, en cada un dos centros escolares participantes, da unidade didáctica “O atletismo en pista”. A última sesión de dita U.D.

consiste na participación nunha xornada de convivencia deportiva nunha instalación de atletismo cos seguintes obxectivos:

· Achegar o atletismo aos nenos e nenas dos Centros Escolares resaltando o carácter lúdico e participativo do deporte.

· Coñecer as instalacións específicas de atletismo, así como a diversidade de especialidades atléticas existentes.

· Coñecer e vivenciar o sistema de competición das diferentes modalidades atléticas.

· Fomentar, mediante o atletismo, a amizade e o compañeirismo entre os nenos e nenas.

NORMATIVA

Art. 1.- Data e lugar. Esta competición levarase a cabo o mércores día 22/04/2020 no estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo.

Art. 2.- Categorías. A proba está destinada o curso de 5º de E. Primaria, correspondente á categoría (alevín 2009) nenos e nenas.

Art. 3.- Mutualidade. Poderán intervir aqueles/as deportistas pertencentes ao curso académico de 5º de E. Primaria que estean dados de alta na modalidade de “atletismo en pista” do programa XOGADE formando parte da súa entidade correspondente. No caso de haber repetidores, deberán mutulizarse na categoría correspondente ao seu ano de nacemento.

Art. 4.- Limitacións de probas. Cada alumno/a poderá participar nunha proba individual, no relevo ou ben nunha proba individual e no relevo. Nunca en dúas probas individuais.

Art. 5.- Inscricións. A inscrición dos/as participantes rematará o día 01/04/2020,  nun só documento, e nunha soa folla de cálculo; o formato do documento a enviar deberá ser Open Office ou Excel:

· Para cada proba individual (60 m.l., lonxitude, peso, vórtex) haberá habilitados tres espazos nos que se deberán cubrir os datos dos participantes correspondentes. Mentres que para a proba de relevos 4x60, haberá un total de doce espazos nos que introducir os datos dos/as catro integrantes de cada un dos tres equipos que deben participar por cada grupo/aula.

Art. 6.- Horario e probasHora Proba

11:15.- 60 m.l.,  Salto lonxitude e Lanz. peso (2 kg.)
11:30.- 500 m.l.
11:45.- Vórtex
12:00.- 4x60

Art. 7.- Resultados. Realizarase unha clasificación individual segundo os postos/marcas acadadas nas diferentes disciplinas. Ditos resultados individuais aportarán puntos a cada centro educativo de xeito que se compiten N participantes, a puntuación será de N puntos ó primeiro clasificado, N-1 ó segundo, N-2 ó terceiro, e así ata o último que acadará un punto. O alumnado que non chegue á meta ou non obteña resultado nos concursos non puntuará. Nas carreiras por rúas (60 m.l. e relevos 4x60) enfrontaranse aleatoriamente en tres series diferentes os integrantes de cada grupo/aula. De forma que o gañador de cada serie levará tantos puntos coma participantes haxa por serie. Ex.: se hai 8 equipos o gañador levará 8 puntos, o segundo 7 e así sucesivamente. No caso de empate a puntos entre centros educativos resultará vencedor o grupo/aula que obtivera máis primeiros postos, de continuar o empate quen teña mais segundos... e así sucesivamente.

Art. 8.- Desprazamentos. No caso de precisar autobús, solicitalo gratuitamente a XOGADE, cunha antelación mínima de quince días anteriores á data da proba, indicando o número de alumnado a desplazar de 5º curso, así coma o profesorado acompañante, é os horarios precisos de saída e regreso. Non será posible xestionar ningún transporte se a solicitude é posterior ao límite indicado. Chegada a Lugo antes das 11:00h e saída á Vilalba ás 13:00 h

Distribuir contido