Deportes

Proba Preparatoria Campo a Través 2012-2013

En datas recentes celebráronse no marco incomparable das Instalacións da Madalena, varias probas deportivas de campo a través.

O noso cole participa na zona deportiva da Terra Chá dirixida por un incombustible do deporte escolar o insigne D. Juan Somoza.

Este ano os atletas do CEIP Antonio Insua Bermúdez participaron nunha proba Preparatoria, unha Proba Clasificatoria e Un Provincial a celebrar nun circuíto do campo da Madalena.

As distancias por categoría e sexo foron en pequeno aumento a medida que pasaban as probas.

O noso cole presentou numerosos equipos en tódalas categorías tal como acostuma a facer dende hai tres anos.

Presentamos os albumes fotograficos das probas.

Preme na cámara para acceder ao album fotográfico do evento.

DEPORTES CAMPO A TRAVÉS; CLASIFICATORIA VILALBA SÁBADO28 XANEIRO DE 2012

AUTORIZACIÓN DEPORTE ESCOLAR XOGADE 2011_12

Con motivo da Campaña de Deporte Escolar XOGADE (Xogos Galegos Deportivos) 2011-12 presentamos a autorización para a mutualización, ou seguro deportivo, dos deportistas escolares desta Campaña. Autorización Actividades Deportivas XOGADE 2012 CEIP INSUA BERMUDEZ

 

O Sábado 28 de xaneiro de 2012 celebrarase no marco das instalacións deportivas da capital chairega, A Magdalena, unha nova edición da PROBA CLASIFICATORIA ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS. Debido ao compromiso mutuo adquirido anteriormente de colaboración coa Administración en material deportiva, polo noso compromiso coa promoción deportiva e cos estilos de vida saudables; premio de Serra Nevada curso anterior, Planificación de probas Preparatorias, Clasificatorias e Provincial de Campo a Través nas instalacións polideportivas da Magdalena correspondenos responder a este compromiso co noso centro convocando a todo o alumnado en idade de participar a dita proba.

Recollede a autorización no cole ou baixaa desta ligazón, cubrideas e asinadelas na casa, traedeas de volta ao titor para podervos facer o seguro deportivo e darvos de alta como deportistas e en proximos dias faremos os equipos para participar na proba Clasificatoria do 28 de xaneiro na MAGDALENA. Entrenade rapaces e rapazas!

AMPA do CEIP A. Insua Bermudez

EQUIPACIÓN DEPORTIVA CEIP A. INSUA BERMUDEZ

EQUIPACIÓN DEPORTIVA CEIP A. INSUA BERMUDEZ

POR QUE?

1.- Non é obrigatorio.Pódese mercar so un chandal, so unha camiseta, calquera combinación o mesmo nada.
2.- Mellora a imaxe corporativa, a imaxe do noso centro, esta equipación presenta aos alumnos como pertencentes ao noso centro en calquera marco local, provincial, na comunidade ou no estado. Daremos esa imaxe de equipo que antes non tiñamos ao ir cada alumno cun chandal diferente.

Equipación deportiva CEIP A Insua Bermúdez Antes Despois3.- Facilita a identificación e control do alumnado nas actividades didácticas complementarias e extraescolares.
4.- A relación calidade - prezo é axustada. Facilita aos pais, nais, titores/as a elección da roupa deportiva.  O prezo e calidade son competitivos se pensamos que se lle pide ao fabricante calidade suficiente, tallaxe de pequenos e maiores e garantía de reposición.

QUE PRODUTOS?

Equipación Chandal sudadeira polo camiseta Ceip A Insua Bermudez Vilalba

Existen tallas desde pequenos ata adulto

RELACIÓN DE PREZOS:
1.- Chandal Olimpo con bordado: 33€. 2.-Sudadeira Básica con bordado 12€. 3.- Polo básico con bordado 10€. 4.- Camiseta algodón 180 gr con bordado 6€. 5.- Camiseta Técnica Wembley bordada 9€.  Tamén podemos atopar dispoñible unha equipación con camiseta de local e visitante bordadas con pantalón e medias por 24 €.

Equipación Tecnica Deportiva Local Visitante Insua Bermudez Vilalba 2011_12

Prezos válidos salvo erro tipográfico.


ONDE?

enfíostexgroup®
PARQUE EMPRESARIAL SETE PONTES
Rúa Cerdeira- Parcela B – 27800 – Vilalba

982 51 01 09
982 51 00 43
www.enfios.com
info@enfios.com

Horario atención ao público:
Pola semana en horario continuo de:

  • 9:00 am - 9:00 pm

Os sábados pola mañá de:

  • 9:00 am – 2:00 pm.


Nota da empresa:
Co obxecto de evitar sobrecustos no transporte faranse pedidos cando se acumule certo número de reservas. Para o primeiro pedido agardarase ata o 18 de novembro.Desculpen as molestias.

Distribuir contido